O Concello de Sada leva aos escolares do municipio ó teatro

02 / FEB / 2019

O Concello de Sada leva aos escolares do municipio ó teatro

Preto de 300 escolares dos distintos centros do municipio de Sada acudiron á Casa da Cultura Pintor Lloréns á representación da obra de teatro infantil Feo! a cargo da compañía Caramuxo Teatro.

Sada, 2 febreiro 2019.

Os escolares de Educación Infantil dos centros do municipio disfrutaron dunha  obra, premiada no 2016 co premio María Casares  ao mellor espectáculo infantil, inspirada no patito feo de Hans Christian Andersen que supón un canto á diversidade e á esencia dun mesmo, unha comedia especial para as idades dos escolares que acudiron á representación

Esta iniciativa prodúcese logo de que a pasada semana se realizasen os Consellos Escolares nos centros do municipio (O Mosteirón, Sada e Contornos e Pedro Barrié de Mondego) onde o alcalde, Benito Portela, trasladou distintas iniciativas que se levarán a cabo este ano 2019.  Entre outras, a posibilidade de acudir unha vez ao mes en horario escolar a presenciar distintas obras de teatro ou espectáculos adecuados ás idades das distintas etapas de escolarización.

Feo! estreouse na Sala Gurugú da Coruña o 30 de xaneiro de 2015 e desde entón pasou por feiras e programacións como: Madferia 2017 (Feira de Teatro de Madrid), a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2017, Galicia escena Prol 2016, Festas María Pita 2016 (A Coruña) ou o programa escolar de Santiago de Compostela 2016.

 

Arquivado en