O Concello de Sada convoca á cidadanía a un acto de apoio a folga convocada por médicos e pediatras de Atención Primaria

27 / NOV / 2019

O Concello de Sada convoca á cidadanía a un acto de apoio a folga convocada por médicos e pediatras de Atención Primaria

O Concello de Sada chama aos veciños e veciñas de Sada a movilizarse mañá xoves 28 de novembro ás 11:00 horas nunha concentración diante do Centro de Saúde en apoio á folga convocada polos/as médicos e pediatras galegos.

Desde o Concello de Sada solicítase a unidade dos veciños e veciñas de cara a denunciar a precariedade na Atención Primaria en Galicia. Todos os anos sufrimos o déficit de persoal e recursos baixo as nosas longas esperas por non falar do pouco tempo de atención en consulta" indica o concelleiro nunha misiva enviada esta mañá.

"Anímovos a todas e todos a comparecer mañá día 28 de Novembro no Centro de Saúde as 11:00 horas, en apoio á folga convocada polos/as médicos e pediatras galegos, respectando e animando as súas demandas na procura dunha atención primaria digna, con recursos humanos e loxísticos que distan moito de ser os apropiados na actualidade" indica o concelleiro de Saúde, Breogán Blanco.

O Concello de Sada apoia a folga na atención primaria da sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio aos actos convocados cos que se pretenden mellorar as condicións da atención primaria na sanidade pública de Galicia".

Con esta convocatoria se reclaman os seguintes puntos:

  • Incrementar o tempo de atención a cada paciente.
  • Aumento do orzamento para incrementar o persoal.
  • Rematar coa precariedade.

"Solicitamos a resposta de toda a cidadanía do municipio, vítimas indirectas dun sistema que se volveu precario polas actuacións sistemáticas de recortes por parte da Xunta, unirse as mobilizacións do 27 e 28 de Novembro, comprendendo e apoiando a eses profesionais, vítimas directas do sistema, que loitan por un servizo digno para as galegas e galegos" declarou Blanco esta mañá.

Arquivado en