O Concello de Sada anuncia a atribución de premios do Certame de Microrrelatos

16 / DEC / 2020

O Concello de Sada anuncia a atribución de premios do Certame de Microrrelatos

O Concello de Sada anuncia a atribución de premios do Certame de Microrrelatos “(Re)inventando Carvalho Calero”. Este concurso ten como obxectivo fomentar a creación literaria na modalidade de narrativa, así como dar a coñecer a figura de Ricardo Carvalho Calero, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2020. Eva Castro Outeiriño, resultou gañadora da 3ª Categoría (18 anos ou máis) co relato “Corazón de Nai”.

Relato Gañador 3ª Categoría (18 anos ou máis) Premio único: “Corazón de Nai”, de Eva Castro Outeiriño.

Sada, 16 decembro 2020

O concurso literario constaba de tres categorías, cada unha delas cun premio único formado por un eBook e un lote de libros: 1ª categoría (até os 13 anos), 2ª categoría (dos 14 aos 17 anos) e 3ª categoría (18 anos ou máis). Nesta primeira edición, cómpre destacar a grande orixinalidade dos microrrelatos presentados, se ben é certo que todos os textos que concorreron foron escritos por persoas de máis de 18 anos e, por conseguinte, pertencen á derradeira categoría.

O xurado do certame, formado por Mercedes Leobalde García, Vanesa Santiago Vázquez, Montserrat Pena Presas e Ainara Izaskun González Moreno, emitiu por unanimidade o seguinte veredicto, após unha laboriosa deliberación debido á alta calidade e ao nivel de creatividade dos traballos presentados:

  • 1ª Categoría (até os 13 anos) O premio fica deserto
  • 2ª Categoría (dos 14 aos 17 anos) O premio fica deserto
  • 3ª Categoría (18 anos ou máis) Premio único: “Corazón de Nai”, de Eva Castro Outeiriño.

O microrrelato gañador incluirase no próximo número da revista Areal (abril 2021) e, proximamente, publicaremos tamén na páxina web municipal e nas redes sociais do Concello de Sada todos os textos que concorreron ao certame, co fin de promover a actividade literaria na nosa lingua propia.

Desde o Concello queremos darlle as grazas a todas as persoas participantes e esperamos contar convosco en edicións posteriores!!

Arquivado en