O concello aproba en pleno o Regulamento de Medidas para a Inclusión Social

30/05/2016

O concello aproba en pleno o Regulamento de Medidas para a Inclusión Social

A instancias da concellaría de Benestar Social, xestionada por Isabel Reimundez, aprobouse o pasado xoves o regulamento de medidas para a inclusión social.

REGULAMENTO DE MEDIDAS DE INCLUSIÓN SOCIAL


Sada 30 de maio

O texto pretende ofrecer axudas para reforzar os procesos de inclusión das persoas sen recursos, corrixir as desigualdades e axudar a cubrir as necesidades básicas de quen se atopen en situación de exclusión ou en risco de estalo.

O proxecto establece unhas axudas de emerxencia social que son prestacións económicas non periódicas con carácter extraordinario e cun pago único que teñen por finalidade a cobertura de necesidades básicas, como alimentación e produtos de hixiene, gastos xerados pola vivenda, aloxamento alternativo, fianza dunha vivenda, equipamento da vivenda ou reparacións.

O segundo tipo de axudas pode ser para apoio a menores, gastos de farmacia, desprazamentos e situacións urxentes.

Arquivado en:
Alcaldía. Novas. Benestar social e igualdade.

Temas:
Benestar Social. Subvencións e axudas. Saúde. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.