O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

20 / XUN / 2016

O asfaltado da rúa da Praia e Sadadarea restrinxirá o tráfico rodado o martes e mércores

Mañá martes ás 9:00 horas comezarán os traballos de asfaltado da rúa Sadadarea que se prolongarán durante os dous próximos días.

Estes labores de fresado e pavimentado da rúa levarán á restrición do tráfico rodado durante as xornadas de martes 21 e mércores 22 de xuño.

Así mesmo están previstas as obras de asfaltado da rúa da Praia durante a xornada do mércores polo que tamén se restrinxirá o tráfico de vehículos até a mañá do xoves.

Ademais destas dúas rúas realizaranse pequenos arranxos nas zonas de aparcadoiro da marxe dereita da avenida República Arxentina dirección saída e noutra zona de aparcadoiro da costa de Ouces.

Arquivado en