O alcalde negocia dotar parcelas do centro de Sada como aparcadoiros públicos gratuítos

09 / XUN / 2016

O alcalde negocia dotar parcelas do centro de Sada como aparcadoiros públicos gratuítos

-A Xunta Local de Seguridade reuniuse onte no Concello de Sada para tratar temas de seguridade cidadá e melloras no tráfico nos accesos as praias.

Sada, 9 xuño 2016.

Onte celebrouse a Xunta Local de Seguridade nas dependencias do Concello de Sada. A reunión acudiron o alcalde de Sada, Benito Portela, a vicesecretaria da Delegación do Goberno, Elena Vázquez Castelo, o sarxento comandante do posto da Garda Civil, José Antonio Reno, o inspector xefe provincial da Policía, Antonio Nieto Lamas, o inspector Xefe da Policía Local de Sada, José Pedreira e os oficiais da policía local José Manuel Borrazas e Juan Carlos Arias.

Na reunión deste órgano colexiado analizouse a evolución da seguridade cidadá no Concello de Sada, que, aínda que nos últimos días sufriu un repunte nos roubos en establecementos disminuiu casi na súa totalidade os roubos con forza nas vivendas e mantense en índices inferiores á media provincial do mesmo xeito que nos pasados meses grazas aos mecanismos de coordinación e colaboración entre Garda Civil e Policía Local do municipio.

Na Xunta déronse a coñecer os datos de seguridade cidadá dos últimos meses e tamén que “foron detidas todas as bandas e causantes dos roubos que arrasaban á área metropolitana hai uns meses” sinalou o alcalde Benito Portela. “Si que é certo, indicou o alcalde, que se produciron pequenos furtos en establecementos no último mes polo que os corpos de seguridade están a traballar para tentar deter canto antes aos causantes inda que xa non se trata de grupos organizados senon de delincuentes habituais”.

Portela indicou ao termino da reunión que “o reforzo seguridade notouse non só con dous novos gardas adscritos ao cuartel de Sada senón tamén polo apoio de equipos de investigacións especiais que detiveron aos grupos itinerantes causantes dos roubos na comarca”.

Neste sentido o alcalde sinalou que Sada finalizou hai dous días o proceso selectivo para a incorporación de tres novos auxiliares de policía polo que se está traballando entre as distintas administracións para conseguir aumentar a seguridade cidadá do municipio.

Dispositivo especial de tráfico no verán.

Outro dos temas tratados na reunión desta mañá foi a realización dun dispositivo especial de tráfico para os meses de verán no municipio.

“Estivemos a traballar, indicou o alcalde de Sada, nos dispositivos de festas do núcleo urbano e das parroquias e tamén nos acontecementos deportivos, culturais e de promoción económica que organiza ou nos que colabora o Concello”.

Precisamente na comisión de seguimento de seguridade acordouse definir unha solución para a mellora de tráfico no acceso ás praias de Veigue que se tratou esta mañá e que levará pequenas actuacións.

“Imos a facer, sinalou Portela, unha senda peonil con pivotes de seguridade para impedir o aparcadoiro nos dous lados da baixada á Praia de San Pedro e así facilitar o tráfico rodado tanto na subida como na baixada á Praia. Ademáis realizarase unha mellora no acceso ao parque que se está utilizando como aparcadoiro. Ambas as actuacións vanse fanse facer canto antes para que poidan facilitar o tráfico na zona este mesmo verán”.

Finalmente a Xunta Local de Seguridade tratou os problemas de aparcadoiros que existen nestas épocas, non só en Sada senón en toda a área metropolitana.

“Levamos moitos años cun problema de aparcadoiro no núcleo urbano, sobre todo en tempada estival, que imos tentar mellorar en colaboración con propietarios privados de parcelas para aumentar a oferta de aparcadoiros públicos e gratuítos no centro de Sada”.  

Arquivado en