NOITE DE ESTRELAS: OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS. MEMORIAL A JUAN CARLOS MEDAL “JAÍTOS”

07/08/2019

NOITE DE ESTRELAS: OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS. MEMORIAL A JUAN CARLOS MEDAL “JAÍTOS”

NOITE DE ESTRELAS: OBSERVACIÓN DAS PERSEIDAS. MEMORIAL A JUAN CARLOS MEDAL “JAÍTOS”

VENRES 9 DE AGOSTO - Paseo Marítimo, fronte á Casa da Cultura Pintor Lloréns - 22:30h


.

Programa:

22:30h: ESTÍBALIZ ESPINOSA leerá “O Universo de Dona Pega” para público familiar. A talentosa poeta, escritora de narración infantil e cantante dará vida ao conto “O Universo de Dona Urraca”, creado por “Jaítos” e nunca publicado. Unha ocasión excepcional para gozar da divulgación astronómica e rememorar ao insigne astrónomo sadense.

23:00h: “Achégate ao ceo astronómico con Borja Tosar”. O astrónomo coruñés contaranos o ceo astronómico dun xeito ameno, introducindo tamén conceptos que se poderán apreciar na posterior observación.

23:00h: Chocolatada para o público participante na observación, para quentar os corpos baixo o ceo estrelado.

23:30h: inicio de observación astronómica e “caza de Perseidas”.

En caso de condicións meteorolóxicas adversas a actividade trasladarase ao interior da Casa da Cultura.

Agradecementos: colectivo “Amigos de Jaítos”.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura .

Temas:
Medio ambente. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA