MERCADO MODERNISTA 2019

02 / XUL / 2019

MERCADO MODERNISTA 2019

Bases para a selección de solicitudes do Mercado Modernista 2019.

IMPORTANTE: TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ ESTAR PRESENTADA ANTES DO 15 DE XULLO, DATA FIXADA PARA O PROCESO DE SELECCIÓN

A Feira Modernista representa unha das celebracións festivas máis importantes do calendario anual do Concello de Sada e estase a converter nunha das propostas de maior participación e seguimento popular ano tras ano. O programa de actividades é moi variado, incluíndo propostas culturais en diferentes disciplinas, actividades de ocio e recreación, exhibicións, accións formativas… todo coa intención de poñer en valor a importancia do noso patrimonio cultural e histórico, evocar unha época e un movemento artístico e, como non, organizar unha proposta festiva con atractivo cultural e turístico.

Dentro dos contidos habituais na Feira Modernista resérvase, dende a primeira edición, un espazo para a organización dun “Mercado Modernista”. Trátase dunha zona na que diferentes artesáns e comerciantes establecen uns postos de exposición e venta, ambientados con decoración evocadora e cun vestiario que trata de seguir as liñas da moda no Modernismo.

A organización ofrece os espazos e estruturas para a montaxe de 24 postos de venta destinados á explotación por parte de comerciantes e hostaleiros, que conformarán o “Mercado Modernista 2019”. Ditos espazos terán unhas dimensións fixas de 3x3 mts delimitados por carpas impermeables e con peche completo. Presentarán un frontal decorado con motivos modernistas, conformando un elemento de ambientación da Feira. Incluirán estrutura para a montaxe de toldo no caso de ser preciso, o toldo correrá a cargo dos beneficiarios. As solicitudes deberán cumprir unha serie de requisitos e, ademais, pasar un proceso de selección e filtro baseado nos criterios que recollen estas bases reguladoras.

DOCUMENTACIÓN PARA A SOLICITUDE

As solicitudes deberán ser enviadas a sada.cul@sada.gal incorporando a seguinte documentación:

  • DATOS SOLICITANTE.
  • DATOS DA PERSONA REPRESENTANTE.
  • FOTOCOPIA DNI/CIF.
  • CARNÉ DE VENTA AMBULANTE OU CERTIFICADO DE ALTA NO IAE.
  • XUSTIFICANTE ÚLTIMO PAGO DE AUTÓNOMOS.
  • PAGO PÓLIZA DO SEGURO DE R.C.
  • CERTIFICADO DE ESTAR AO CORRENTE DE PAGOS CON HACIENDA, FACENDA E SEGURIDADE SOCIAL.
  • CARNÉ DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS (si procede).
  • FOTOGRAFÍAS DOS PRODUCTOS QUE SE OFRECERÍAN Á VENDA.

IMPORTANTE: TODA A DOCUMENTACIÓN DEBERÁ ESTAR PRESENTADA ANTES DO 15 DE XULLO, DATA FIXADA PARA O PROCESO DE SELECCIÓN

CRITERIOS PARA A SELECCIÓN

A selección entre as solicitudes recibidas ven motivada pola necesidade de cumprir cos obxectivos de ambientar, evocar unha época, recrear uns principios artísticos e aportar interese estético. Adoptaranse os seguintes criterios para establecer unha relación de idoneidade entre as solicitudes recibidas, e repartir así os espazos dispoñibles.

  • a) Recupera oficios tradicionais contemporáneos á época que queremos recrear (ata 10 pts).
  • b) Pon en valor aspectos da nosa memoria histórica ou do patrimonio histórico-artístico (ata 10 pts).
  • c) Pon á venta obxectos relacionados coa época que queremos recrear ou que son solidarios cos principios artísticos que definen ao Modernismo (ata 10 pts).
  • d) Oferta un produto con características de orixinalidade artística/estética e utilidade que, si ben poden non considerarse especificamente modernistas, entroncan co seu espírito de ruptura coas normas estéticas establecidas e coa liberdade creativa (ata 10 pts).

PRAZOS PARA A UTILIZACIÓN DO ESPAZO PÚBLICO

As persoas/empresas autorizadas poderán desempeñar a súa actividade durante a celebración da VIII Feira Modernista, nas seguintes datas e horarios:

  • Venres 26 de xullo: montaxe dende as 12:00h. Horario de apertura de 17:00 a 00:00h.
  • Sábado 27 de xullo: apertura de 11:00 a 00:00h.
  • Domingo 28 de xullo: apertura de 11:00 a 00:00h.

OBSERVACIÓNS: Os beneficiarios comprométense a non desmontar o posto ata ás 00:00 , horario de peche do Mercado.

DISPOSICIÓNS FINAIS AUTORIZACIÓN: As 24 solicitudes que obteñan unha mellor valoración tras aportar toda a documentación requirida serán propostas para a súa autorización mediante decreto para a ocupación e utilización do espazo público habilitado como Mercado Modernista para desempeñar a súa actividade comercial.

EXENCIÓN DE TAXAS: Unha vez resoltas todas as fases do procedemento descrito, en base ao establecido na Ordenanza Municipal nº16 e en virtude da xustificación motivada presentada pola Concellería de Cultura , as persoas/empresas autorizadas estarán exentas do pago de taxas.

Arquivado en