MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO

17/02/2021

MEDIDAS COVID19 EN SADA A PARTIR DO 17 FEBREIRO

Desde esta pasada medianoite están en vigor as novas medidas publicadas no DOG o pasado 15 de febrero. En consecuencia coas medidas anunciadas pola Xunta de Galicia o Concello de Sada informa das restriccións que están en vigor e as medidas municipais que rexirán a partir de hoxe


Sada, 17 febreiro 2021.

En Sada:

  • Apertura de parques infantís e zonas de esparcemento e lecer .  Deberase manter a distancia social e usar a máscara.
  • Apertura da Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo (Horario de mañá: Luns a venres de 9 a 14. Só para devolucións de 16 a 20 horas
  • Apertura da Capela de San Roque (Horario: Martes a sábado de 10 a 14 e 18 a 20 horas
  • Apertura pistas polideportivas. (A práctica deportiva ao aire só ou con convivientes e sempre con máscara). (Reserva previa de instalación aquí 
  • Atención presencial con cita previa na Omix Sada. (Horario de 9:00 a 14:00 horas). Tamén atención por Whatsapp 665 851 262.  Cita previa aquí

Lembramos que Sada segue en nivel Máximo de Restriccións polo que é importante cumprir co: 

  • Peche perimetral do municipio. 
  • Toque de queda ás 22:00 horas. 
  • Reunións só entre conviventes.
  • Hostalería pechada, permítese o servizo a domicilio e de recollida no local. 

MEDIDAS EN TODA GALICIA: 

Formación:

  • O 22 de febreiro retomaranse as clases presenciais en ensinos especiais (conservatorios de música, danza, escolas de idiomas). A única excepción estará nas clases de canto e con instrumentos de vento polo risco de contaxio. Ademais, o 1 de marzo retomaranse tamén as clases presenciais nas universidades galegas, mentres tanto, seguirán sendo telemáticas como desde o 8 de febreiro. A próxima semana realizarase un cribado a todos os estudantes. 

Comercio:

  • O comercio recupera o horario habitual (tanto esencial coma non esencial), cun aforo limitado ao 50%. 

Actividade cultural:

  • Retómase a actividade cultural coa reapertura de bibliotecas, arquivos e salas de exposicións. Tamén volverá haber público en cines, teatros e auditorios. Todos eles deben adaptarse a un aforamento do 30 %.  

 

Deporte:

  • Permítese a reapertura de instalacións ao aire libre para deportes individuais e volve a competición federada autonómica cos requisitos, condicións e limitacións aos desprazamentos que estableza a Secretaria Xeral para o Deporte.  

Restaurantes de estacións de servizos:

  • Permitirase a apertura dos restaurantes das estacións de servizo para os profesionais do transporte. Iso si, deberán comer de forma individual 

Consulta a orde completa do DOG: Orde - Decreto

Arquivado en:
Carnoedo. Novas. Alcaldía . Meirás. Mondego. Mosteirón. Avisos. Osedo. Educación e Deporte. Sada. Soñeiro. Veigue. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Cultura . Promoción Económica, Turismo e Emprego. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Economía. Educación. Cultura. Deporte. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA