Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na II Cervefeira Artesá de Sada

19 / OUT / 2016

Máis de 30 tipos de cervexa poderanse degustar na II Cervefeira Artesá de Sada

-A concellería de Promoción Económica e Turismo, xestionada por Liss Suárez Becerra, organiza o evento que terá lugar do 21 o 23 de outubro na carpa instalada detrás do edificio da Terraza.

-Música, xogos tradicionais, exhibición de fútbol gaélico e sorteo de agasallos animarán a segunda edición da Cervefeira que contará coa presencia de oito marcas galegas de cervexa artesá incluídas as dúas sadenses de referencia, Bandua e Artabria.

Programa Cervefeira

Sada 19 de outubro 2016

A segunda edición da Cervefeira Artesá de Sada celébrase este fin de semana nunha carpa instalada detrás do edificio modernista da Terraza coa presenza de oito marcas galegas de cervexa incluídas as dúas sadenses de referencia, Bandua e Artabria.

A apertura da feira terá lugar o venres ás 19:00 horas coa animación musical de Dj Susete Deluxe e o concerto de Ruta 77. O sábado a Cerveferia abrirá ás 12:00 horas e tras un descanso de 15:00 a 17:00 horas, comezará a programación de actividades ás 18:00 horas cun partido de exhibición de fútbol gaélico no paseo marítimo. A partir das 19:00 horas unha sesión de música tradicional coa presenza dos grupos de baile tradicional Nova Troula e a continuación a asociación de música e baile tradicional Queiroa e a partir das 22:00 hroas un concerto cos grupos La Piel del Oso e Homeless.

A feira continuará cunha sesión vermú, o domingo ás 12:00 horas, amenizada por Dj Honky Tonk Lucky e a actuación da agrupación A Meda do Castro así como coa celebración de xogos tradicionais (17:00 horas) e o sorteo de agasallos (19:00 horas) antes de pór o seu fin ás 20:00 horas do domingo.

Oito empresas de cervexa a estarán presentes na II Cerveferia Artesá de Sada con máis de 30 tipos de elaboracións artesás. Entre elas as sadenses Bandua e Artabria pero tamén as coñecidas Menduiña, A Cova dá Serpe, Kel´s ou In Peccatum. 

“Esta Cervefeira, indicou o concelleiro de Promoción Económica e Turismo Liss Suárez Becerra, ven a continuación da Feira do Libro e Disco Antigo e antes da feira de artesanía, dinamizando Sada nun período como é a entrada do outono”

Suárez Becerra sinala que “este tipo de feiras están tendo moito auxe en Galicia dado o gran momento en canto a elaboración de cervexa artesá. En Sada sen ir máis lonxe temos dous fabricantes, Bandua e Artabria, polo que por un lado potenciamos o valor das nosas empresas e os nosos productos artesanais e por outro organizamos e programamos eventos nunha época do ano que para Sada é necesario potenciar.”

Arquivado en