INSCRICIÓN NA CABALGATA REIS 2020

23/12/2019

INSCRICIÓN NA CABALGATA REIS 2020

A Concellería de Cultura abre o prazo para participar como figurante na Cabalgata de Reis 2020.

Listaxe de nenas e nenos admitidas para participar como figurantes na Cabalgata dos Reis Magos 2020


Bases de participación como figurantes na Cabalgata de Reis 2020

IMPORTANTE: 

  • En caso de cursar baixa é preciso informar á oficina de xuventude para que as nenas e nenos que se atopan en listaxe de agarda poidan ocupar as prazas vacantes.
  • A asignación de carroza é provisional, pode estar suxeita a algún cambio organizativo.
  • As e os participantes seleccionados deberán dispoñer dun disfrace axeitado, así como un chuvasqueiro (en caso de choiva) e personarse no edificio da Lonxa (porto pesqueiro) ás 17:30h do 5 de xaneiro. Deberán ir acompañados dunha persoa adulta, que se responsabilizará da súa recollida cando finalice o percorrido aproximadamente ás 19:30h no pavillón municipal de Sada onde a continuación se celebrará a Festa da Recepción Real.

 

INSCRICIÓN:

Poderán inscribirse rapazas e rapaces nados con anterioridade ao 6 de xaneiro de 2014. As nenas e nenos integrantes de cada carroza irán acompañados por monitores que velarán pola súa seguridade.

No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal).

A inscrición poderá realizarase cubrindo o formulario en liña ou de xeito presencial na OMIX, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

PRAZO: Establécese un prazo de presentación de inscricións dende as 9:00h do día de publicación destas bases na web municipal ata as 15.00h do venres 20 de decembro.

PRAZAS: O número de prazas dispoñibles establecerase segundo criterios de seguridade para os deseños das carrozas da Cabalgata 2020. NOTA: contemplarase un espazo nas carrozas para acomodar cadeiras de rodas.

DISFRACE: Os solicitantes seleccionados deberán participar cun disfrace relacionado co Nadal para aportar colorido ás carrozas.

SELECCIÓN: O listado de solicitantes seleccionados publicarase o día 23 de decembro na OMIX e na páxina web municipal. Se houber un maior número de inscricións que prazas dispoñibles seguirase o seguinte procedemento:

  • Farase selección das inscricións por orde de idade, de menor a maior das/os solicitantes empadroadas/os en Sada, con preferencia para os/as solicitantes de menor idade
  • Se tras realizar o proceso citado seguen quedando prazas, seleccionaranse as inscricións por orde de idade de menor a maior das/os solicitantes non empadroadas/os en Sada.
  • En caso de que seguindo a condicións anteriores houbera máis dunha solicitude con igualdade de dereito de acceso para a última praza dispoñible, realizarase un sorteo público na OMIX o día hábil seguinte ao de peche do prazo de inscrición, do cal serán informadas as persoas interesadas.

LISTAXE DE AGARDA: As persoas non seleccionadas formarán parte dunha lista de agarda e serán informadas en caso de que se rexistre algunha baixa.

ORGANIZACIÓN DA CABALGATA

As/os participantes acudirán acompañados dos adultos responsables á explanada da Lonxa de Sada, a tarde do 5 de xaneiro ás 17:30h.

  • Os familiares acompañantes recibirán instrucións para a recollida dos seus nenos e nenas á finalización do percorrido da Cabalgata, ás 19:30 no Pavillón municipal.
  • As rapazas e rapaces figurantes recibirán unha pulseira na que constará o seu nome e o teléfono de contacto da persoa responsable que firmou a autorización no formulario de inscrición. 
  • As e os participantes saberán con antelación en que carroza están asinados, a través dos listados publicados con nomes das e dos admitidos.
  • As monitoras e monitores contratados para salvagardar a seguridade nas carrozas encargaranse de recepcionar aos participantes de cada carroza.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura .

Temas:
Turismo. Mobilidade. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.