III Plan de Igualdade do Concello de Sada

20 / MAI / 2019

III Plan de Igualdade do Concello de Sada

Ti fas Igualdade! Participa na elaboración do III Plan de Igualdade de Sada que están a facer dende os Servizos Sociais da Concellería de benestar Social e Igualdade.

Cuestionario de participación

Sada, 20 maio 2019

O Concello de Sada a través dos servizos sociais comunitarios está a desenvolver o III PLAN DE IGUALDADE. O obxectivo de dito Plan é que non se converta nun texto escrito desde un despacho, se non que recolla as necesidades reais en materia de igualdade.

Para iso por unha banda estableceránse canles de comunicación con entidades sociais, asociacións culturais, de veciños e veciñas, coa comunidade educativa, sanitaria e con todos os axentes sociais que queiran aportar ideas ou suxerencias para que o Plan de Igualdade sexa un instrumento útil.

Do mesmo xeito ofrecese a posibilidade de participación a veciñanza que queira aportar algunha idea, ou contribuir dalgún xeito na redacción do Plan, a través do seguinte cuestionario , escribiendo ao correo plan.igualdade@sada.gal ou na caixa de correos que se atopa nos Servizos sociais.

"Porque o conxunto de medidas de conciliación, a posta en valor da participación da muller na sociedade, a prevención da violencia de xénero e eliminación de calquera discriminación, atínxenlle a toda a poboación. Poderás facer as túas achegas ata o 17 de xuño" sinalan desde os Servizos Sociais do Concello e agradecen a colaboración dos veciños e veciñas de Sada.

 

Arquivado en