II DUATLÓN-CROS MEIRÁS-SADA

18/02/2020

II DUATLÓN-CROS MEIRÁS-SADA

O 1 de marzo celebrarase a segunda edición do Dúatlon Cros de Meirás-Sada - Campionato Galego Xunta de Galicia, organizado polo Club Atletismo Sada, o Club Ciclista Sada  e o Concello de Sada, e cita elexida para coroar aos mellores duatletas cros galegos. 
 
 

 
Circuitos
 
 
 
 
 
Presentación
 
A proba foi presentada o pasado sábado 15 de febreiro onde participaron Diego Dans (Representate do Club Ciclista Sada), Fernando Míguez (Presidente do Club Atletismo Sada), Gonzalo Triunfo (Presidente de FEGATRI- Federación Galega Triatlón), Marta Barbeito (Responsable Área Triatlón e Muller na FEGATRI), Alberto Morlán (Director da Carreira), Maria Nogareda (Concelleira de Deportes) e Benito Portela (Alcalde de Sada).  
 
Álberto Morlán; director de carreira comentou as características do circuito, que destaca pola súa rapidez e a variedade de paisaxes así como a ubicación próxima ao icónico Pazo de Meirás. Tamén agradeciu a implicación do Concello e os distintos patrocinadores para poder levar a cabo esta carreira.
 
Fernando Míguez; presidente do Club Atletismo Sada, fixo un agradecemento á Fegatri por designar a Sada como sede do Campionato Galego e ao Concello polas facilidades para poder sacar a proba adiante.
 
Diego Dans; representante do Club Ciclista Sada e coorganizador da proba, mostrou a total implicación da entidade que representa co Dúatlon Cros de Meirás-Sada. Agradeciulle á Fegatri e a todos os estamentos e colaboradores implicados na organización.
 
María Nogareda; concelleira de deportes do Concello de Sada respondiu aos agradecementos previos e transmitiu a importancia dos traballos dos clubes organizadores deste Campionato Galego Xunta de Galicia.
 
Marta Barbeito; responsable área Tríatlon e Muller, resaltou o bo facer dos organizadores que se ve reflexado no aumento do número de participantes nas diferentes probas que compoñen o calendario galego, aumentando tamén cuantitativamente o número de participantes femeninas.
 
Gonzalo Triunfo; presidente da Fegatri fixo un agradecemento aos organizadores, ao Concello e colaboradores. Comentou que a proba de Sada reunia todos os elementos que a Federación busca dentro do Circuito Galego de Dúatlon Cros. O máximo responsable do tríatlon galego fixo referencia á aposta da Fegatri este ano por revitalizar unha disciplina como é o Dúatlon Cros dandolle máis peso no calendario galego e a creación do seu propio circuito.
 
Benito Portela; alcalde de Sada, felicitou o bo facer dos clubes locais e o importante papel que teñen dentro do Concello. Fixo un agradecemento á Federación por escoller por segundo ano consecutivo a Sada como sede do Campionato Galego Xunta de Galicia da especialidade. Por outra banda resaltou os valores que transmite á sociedade o deporte.

 


Arquivado en:
Novas. Meirás. Educación e Deporte. Sada.

Temas:
Turismo. Subvencións e axudas. Mobilidade. Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.