AXENDA

XESTIÓNS

Acceso directo ás principáis xestións

FÍO DIRECTO CO ALCALDE

Poñendo luz sobre a actividade e a xestión municipal

AVISOS, SUXESTIÓNS E QUEIXAS

NOVAS

CONVOCATORIA PS FORMACIÓN BOLSA DE EMPREGO PARA PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO TÉCNICO/A EN ORIENTACIÓN LABORAL

CONVOCATORIA PS FORMACIÓN BOLSA DE EMPREGO PARA PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO TÉCNICO/A EN ORIENTACIÓN LABORAL

19/11/2019

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA POSIBLES NOMEAMENTOS COMO PERSOAL FUNCIONARIO INTERINO EN POSTOS DE TÉCNICO/A EN ORIENTACIÓN LABORAL

IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse no Rexistro Electrónico Xeral deste Concello ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante o prazo de dez (10) días naturais a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. O xoves 14 de novembro remata o prazo.

Subvencións para organización de festexos patronais parroquiais e organización de actividades culturais

Subvencións para organización de festexos patronais parroquiais e organización de actividades culturais

18/11/2019

O Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, ven de publicar as subvencións para a organización de festexos patronais parroquiais e  Organización de actividades culturais de interese xeral.

CORTES DE ELECTRICIDADE EN SADA O 20 NOVEMBRO

CORTES DE ELECTRICIDADE EN SADA O 20 NOVEMBRO

15/11/2019

Co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica precisos para poder atender nas mellores condicións as necesidades de subministración da zona, o Grupo NARTURGY informa que o próximo día 20 novembro van proceder a deixar fóra de servizo varias instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante os seguintes intervalos de tempo.

SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

SADA FLETA UN AUTOBÚS GRATUITO PARA ACUDIR A VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

15/11/2019

 

A Concellaría de Benestar Social e Igualdade de Sada freta un autobús gratuíto á VIII Andaina contra a Violencia de Xénero do sábado 23 de novembro organizada polo Consorcio das Mariñas. A marcha a pé trátase dun percorrido circular que parte ás 10:30 do Centro cultural A Fábrica de Perillo e termina no mesmo sitio tras 5 quilómetros de marcha.

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN

CONVOCATORIA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE TÉCNICO/A DE XESTIÓN

14/11/2019

É obxecto desta convocatoria a provisión en propiedade, polo sistema de oposición, dunha praza de funcionario de carreira da Escala de Administración Xeral, Subescala de xestión, pertencente ao Grupo A, subgrupo A2, vacante no Cadro de Persoal e incluída na Oferta de Emprego Público de 2016 (BOP núm. 148, do 5-8-2016) adscrita aos Servizos Económicos municipais.

SERVIZOS A UN CLICK