FORMACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB

06 / NOV / 2018

FORMACIÓN EN DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB

No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputaciónda Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Información e Comunicación que inclúe ó acceso ao certificado de profesionalidade de nivel 3DESENVOLVEMENTO DE APLICACIÓNS CON TECNOLOXÍAS WEB (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto)

A formación teórico- práctica realizarase, nas instalacións que a empresa adxudicataria ten acreditadas en Arteixo, Asociación Agarimo, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección.

xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañá, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.

O prazo de inscrición péchase o próximo martes 20 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.

Máis información sobre o proxecto EIXO na páxina do Plan de Emprego Local

Arquivado en