Fin de semana de Food Trucks en Sada

03 / MAI / 2019

Fin de semana de Food Trucks en Sada

Desde hoxe e ata o domingo celébrase en Sada FOOD´N TRUCKS SADA 2019 na carpa da Praza Irmáns Suárez Picallo coa colaboración da concellería de Promoción Económica e Turismo.

Sada 3 de maio 2019.

Hoxe venres ademáis da apertura dos distintos establecementos de comida comezará a animación musical ás 20:00 con sesión DJ e ás 22:00 co concerto de Los Mecánicos.

Mañá haberá obradoiros infantís a partir das 12:00 e un reto de cociña para nenos e nenas ás 18:00. A animación musical virá da man de Javier Insua ás 14:00, de Edu Calvario ás 20:00 e de Los Fabulosos Weekend, grupo de Manquiña, ás 22:00.

O domingo a animación musical máis tradicional comezará ás 13:00 con Nova Troula, ás 14:00 con Carlos Bau e Hugo Torreiro e as 19:00 con Bis a Bis. Os talleres infantís se programan para as 19:00. Ademáis como novidade o sábado e o domingo haberá drons e coches radio control gratuítos.

Arquivado en