Festas máis sostibles acústicamente

15 / AGO / 2019

Festas máis sostibles acústicamente

A Concelleria de Cultura incorpora melloras de sostibilidade ambiental acústica nas Festas de Sada e informa que durante as Festas Patronais (do 15 ao 18 de agosto), as atraccións ubicadas na Praza Irmáns Suárez Picallo non emitirán música en horario de 18:00 a 19:00 para que as persoas con hiperacusia (sensibilidade auditiva) poidan gozar das mesmas.

Outra das medidas adoptadas e a eliminación das Dianas, lanzamentos de bombas de palenque, nas festas patronais para evitar molestias as persoas con hiperacusia, persoas maiores ou enfermas e tamén en consideración cos problemas que teñen os animais, en especial os cans. A Concellería de Cultura manterá as alboradas cada mañá das festas patronais a cargo de distintas agrupacións sadense pero sen lanzamentos de bombas de palenque.

Arquivado en