FEIRA MODERNISTA DE SADA 2020

24/07/2020

FEIRA MODERNISTA DE SADA 2020

A incidencia da pandemia COVID-19 obriga a reducir a unha xornada a celebración dunha Feira que remenora estampas de xusto fai un século onde tamén padeceron a gran pandemia da gripe mundial que finalizou en 1920.

A Feira Modernista terá lugar o domingo 2 de agosto e realizarase arredor dun picnic popular no que predominarán as medidas de seguridade e distanciamento social para evitar a propagación do virus, con aforos controlados, pero sen deixar de lado os aspectos lúdicos e culturais que farán revivir o espírito dun tempo pasado.

PROGRAMA FEIRA MODERNISTA SADA 2020

Formulario de inscrición picnic Modernista


Sada, 24 xullo 2020.

A principios do seculo pasado en plena época modernista, o brote do virus Influenza deu paso á pandemia máis devastadora da historia humana que finalizou en 1920, dando paso aos felices 20. Cen anos despois outro virus, o Covid-19, obriga a reducir a celebración desta festa de recuperación da alegría Modernista que se fai en Sada desde hai nove anos,  a un só día e con todas as medidas de seguridade e distanciamento social.

As actividades programadas comezarán o domingo ás 13:00h. cos bailes itinerantes da Escola de Danza Carmen López e o seu “Modernismo en danza” seguido da “Gramola dos irmáns Pizárraga”, dous irmáns galegos emigrados ás américas que reuniron discos de pizarra e gramófonos, con pezas musicais datadas dende o 1887 ata a primeira parte do s. XX., dunha variedade de estilos musicais e países de procedencia.

Na Feira Modernista non pode xa faltar unha das señas de identidade das edicións anteriores, o Picnic Popular. Un convite a compartir no xardín para celebrar unha comida “campestre”, lucindo a mellor creatividade na nosa indumentaria da época.

Por mor do impacto da pandemia que nos afecta  o espazo dos xardíns deberá delimitarse para respectar as distancias entre os grupos de comensais. Cada grupo poderá levar mantas ou mesas e cadeiras pero deberán realizar unha reserva previa de espazo a través das canles que o Concello de Sada anunciará nos vindeiros días.

Este ano non haberá grandes concertos pero si animación do espazo onde se celebre o Picnic.  Os “Dixie kings” realizarán un pasarrúas de Jazz e avanzará a tarde co “Fantástico Circo de insectos Xigantes do Dr Mezzo” para rematar a xornada co concerto modernista do quinteto de metáis da banda Municipal de Sada “Brassada” na praza da terraza.

Nesta IX edición, o concello aposta pola visión do modernismo dos artistas locais, cun cartaz realizado por David Suárez Ansede “ Geppe”, que se inspira nun escenario emblemático, como é a terraza, recentemente declarado Ben de Interese Cultural e que é un dos edificios máis representativos do estilo Art noveau galego, e anima á cidadanía a decorar os seus establecementos comerciais, fiestras e balcóns, con dibuxos e motivos modernistas, para poñer en valor este evento cultural.

Ademáis, coa intención de dinamizar a hostalaría e poñer en valor o patrimonio arquitectónico, repartiránse manteis desechables nos establecementos de restauración, cunha estampación da ruta modernista que percorre os principais elementos singulares do modernismo sadense.


Arquivado en:
Novas. Sada. Cultura . Promoción Económica, Turismo e Emprego.

Temas:
Turismo. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA