ESCOLAS DE VERÁN 2021

04/06/2021

ESCOLAS DE VERÁN 2021

A Concellaría de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías do Concello de Sada, ven de anunciar a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre.

BASES ESCOLAS DE VERÁN 2021

04/06/2021 - Escolas de Verán 1ª QUENDA (5-16 XULLO) Solicitantes con praza adxudicada e en elista de agarda

04/06/2021 - Escolas de Verán 2ª QUENDA (19-30 XULLO) (19-30 XULLO) Solicitantes con praza adxudicada 

 


INSTRUCIÓNS FORMALIZACIÓN DAS PRAZAS EN AMBAS QUENDAS

Prazo pago: 7-11 XUÑO

Cota Xeral: 65€ - Cota desconto 2º irmá 20% : 52€ - Cota desconto familia numerosa 50%: 32.5€

INGRESO EN CONTA BBVA ES08-0182-5550-2200-0000-0142

Concepto: Nome participante + Quenda

O xustificante bancario debe ser enviado a omixsada@gmail.com obrigatoriamente Para renunciar á praza debe comunicarse canto antes ao mesmo correo electrónico

INFORMACIÓN DAS ESCOLAS DE VERÁN

A Concellaría de Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías é consciente da importancia que ten facilitar canles polas que os nenos/as poidan participar neste tipo de actividades, e polo que este ano, igual que en anos anteriores, convócase a oferta das Escolas de Verán 2021. O Concello de Sada pretende desta forma atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

Co obxectivo de facilitar a participación en actividades de lecer e tempo libre, o Concello de Sada, oferta 140 prazas para as Escolas de Verán 2021.

As diferentes actividades que integran esta oferta, levaranse a cabo nun centro de ensino ou equipamento municipal atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 5 ao 30 de xullo (agás sábados e domingos).

A información sobre a convocatoria desta campaña de verán 2021 atoparase nesta web municipal. Ademais, os/as interesados/as poderán solicitar información na OMIX en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partires do 15 xuño só de mañá), no telefono 981620331 ou no correo: omixsada@gmail.com

Grupos de idade, lugar de realización, prazas e quendas Grupos de Idade:

  • Nenos/as que estén cursando 2º ciclo Educación Infantil (4º, 5º, 6º E.I.)
  • Nenos/as que estén cursando Educación Primaria (1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º, E.P.)

Lugar de realización:

  • Centro de ensino ou equipamento municipal.

Quendas

  • 1ª Quenda: 5 xullo - 16 xullo.
  • 2ª Quenda: 19 - 30 xullo.

Prazas

  • 140 distribuidas en 70 prazas por cada quenda.

Servizos ofertados

As actividades desenvolveranse de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 h. Na oferta das Escolas de Verán 2021, os/as participantes disporán de:

  • a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.
  • b) O material necesario para a realización das actividade.
  • c) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de lecer e tempo libre.
  • d)Seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.
  • e) Servizo de Madrugadores en horario de 08:30 a 09:00 h.

Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda.

Os participantes deben traer o almorzo da casa.

IMPORTANTE: Non se oferta o servizo de transporte

Prazo para formalizar a inscrición.

  • O prazo para formalizar a inscrición será do 25 de maio ao 1 de xuño (inclusive). Calquera inscrición realizada fóra deste prazo non será admitida.

Presentación das solicitudes.

  • ●Individual: Cada participante poderá presentar unha única solicitude elixindo por orde de preferencia as quendas das que desexa desfrutar.
  • ● Múltiple: Os irmáns/ás que desexen asistir á/ás mesma/s quenda/as, solicitarán praza múltiple na mesma solicitude.

A presentación da solicitude deberá realizarse obrigatoriamente no formulario on-line habilitado na web municipal

No mesmo formulario poderanse engadir os documentos que acrediten descontos ou calquera outro que requira a inscrición en formato arquivo ou en todo caso se non fose posible, envialos escaneados a omixsada@gmail.com.

Adxudicación de prazas.

Será requisito imprescindible para obter praza nas Escolas de Verán que os menores estén empadroados no Concello de Sada con anterioridade ao 1 de maio de 2021.

A comprobación deste dato farase de oficio a través do padrón municipal, polo que non será necesario aportar ningún documento acreditativo.

A adxudicación das prazas realizarase atendendo os seguintes criterios e terán preferencia por riguroso orde:

  • 1º.- Os/as participantes derivados de servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais. O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo sen superar o 10% das prazas ofertadas en cada quenda. Estas prazas poderan ter ou non exención de pago segundo o informe técnico.
  • 2º.- Os menores cuxos proxenitores xustifiquen a necesidade de conciliación en horario de mañá e imposibilidade de teletraballo. Os proxenitores deben ser traballadores en activo (por conta propia ou allea) e polo tanto estar dados de alta en calquera réxime da Seguridade Social. Neste caso, será indispensable acreditar un informe de empresa onde conste o horario da xornada laboral. No caso de persoas autónomas, deberán achegar unha declaración xurada desta necesidade. Non será válido que só un dos proxenitores esté traballando, exceptuando as familias monoparentais que deberan acreditar esta condición documentalmente (carné de familia monoparental da Xunta), etc…
  • 3º.- Resto de solicitudes que non se atopen nos apartados anteriores para os que se realizará un sorteo ata completar as 70 prazas por quenda. Poderase establecer unha listaxe de agarda.
  • 4º.- Adxudicación directa no caso de non superar a oferta de prazas (70) para cada quenda.

IMPORTANTE: No suposto de que un menor realice a solicitude para duas quendas e teña que optar polo sorteo para obter unha praza, terase en consideración a adxudicación desa praza si outro menor tamén obtivo as duas quendas no sorteo. Neste caso, este concellería considera que fará un reparto equitativo para que os dous menores poidan, alomenos, desfrutar dalguna das quendas se hai prazas dispoñibles.

Publicación da listaxe de admitidos/as

Ao longo do venres 4 de xuño publicarase a listaxe de admitidos/as con praza e a listaxe de agrada se fose o caso. Poderase consultar na web www.sada.gal e no taboleiro de anuncios da OMIX. Se o solicitante con praza desexa renunciar a ela, deberá comunicalo por escrito enviando un correo electrónico a omixsada@gmail.com.

Pagamento das cotas.

Os prezos de aplicación para os/as participantes nas Escolas de Verán 2021 serán os que se establezan no informe de prezo público previa aprobación dos Servizos Económicos Municipais. Poderán consultarse os prezos e descontos correspondentes na web municipal. O pagamento deberá realizarse na conta bancaria: BBVA ES08-0182-5550-2200-0000-0142 Será obrigatorio presentar o xustificante de pagamento na OMIX e os documentos que acrediten os descontos, se é o caso, ben sexa presencialmente ou por correo electrónico en omixsada@gmail.com.

Non serán admitidos xustificantes de pagamento nos que non esté especificado o nome do participante e quenda. O prazo establecido para realizar o pagamento da praza será do 7 ao 11 de xuño (inclusive). No recibo de pagamento deberá figurar o nome e apelidos do/a participante e a quenda/as solicitada/as.

Establecese un periodo extraordinario de pagamento para posibles incorporacións da listaxe de agarda en caso de renuncias ou vacantes sendo do 14 ao 18 de xuño (inclusive). Artigo 9º. Funcionamento das Escolas de Verán.

Participantes que soliciten o servizo de “Madrugadores”:

  • Accederán ás instalacións ás 08:30 h., sendo a saída ás 14.00 h.

Participantes que non soliciten o servizo de “Madrugadores”:

  • Poden acceder ás instalacións entre as 08.45 e 09.00, sendo a saída ás 14:00 h.

NOTA: A instalación do centro permanecerá pechada por seguridade unha vez que se sobrepase a hora de chegada estipulada. Se por calquera motivo xustificable o/a participante necesitará facer a incorporación, ou a saída da actividade, fóra do horario establecido, deberá avisar previamente ao responsable da mesma, que será quen se encargará de levar a cabo dita labor da maneira menos perxudicial para o desenvolvemento das actividades programadas.

Normas de comportamento

A organización da Escola, non permitirá ningún tipo de comportamento violento, tanto físico como verbal. Se algún dos participantes dificulta a dinámica no desenvolvemento das actividades en repetidas ocasións (previas advertencias aos seus país/nais desta situación), pode ser susceptible de expulsión segundo acorde o equipo de educadores/as.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías.

Temas:
Subvencións e Axudas. Formación. Educación. Deporte. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA