ESCOLAS DE VERAN 2019

05 / XUN / 2019

ESCOLAS DE VERAN 2019

O Concello de Sada leva a cabo a promoción e organización de actividades socioeducativas destinadas á infancia e á mocidade no eido do lecer e o tempo libre e convoca a oferta de Escolas de Verán 2019 coas que pretende atender á demanda individual de ocio educativo, así como ás necesidades de conciliación das familias sadenses.

LISTADO PARTICIPANTES EV PRIMEIRA QUENDA

LISTADO PARTICIPANTES EV SEGUNDA QUENDA

BASES PARTICIPACIÓN ESCOLAS DE VERÁN 

FOLLETO ESCOLAS DE VERÁN 2019

INFORMACIÓN DE PAGAMENTO

Co obxectivo de facilitarlle aos rapaces e rapazas a participación en actividades educativas e de tempo libre, o Concello de Sada, oferta as prazas para as actividades de Verán 2019. As diferentes actividades que integran esta oferta levaranse a cabo nun centro de ensino do municipio atendendo aos diferentes grupos de idade durante o período que transcorre dende o 1 ao 26 de xullo.

Ademais, os/as interesados/as poden solicitar información ou o folleto da convocatoria na Oficina Municipal da Xuventude, no telefono 981620331, en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00 horas de luns a venres (a partir do 15 xuño só estará aberto pola mañá) ou no correo: omixsada@gmail.com

Grupos de Idade:

Nenos e nenas nados/as entre 2015 e 2013 (ambos incluidos)

Nenos e nenas nados/as entre 2012 e 2007 (ambos incluidos)

Lugar de realización:

CEIP Pedro Barrié de la Maza (Mondego)

Prazas e quendas

As Escolas de Verán ofertan quendas para nenos e nenas nados entre 2015 e 2007 (ambos incluidos) entre as seguintes opcións dispoñibles:

- 1ª Quenda: 1 xullo - 12 xullo

- 2ª Quenda: 15 - 26 xullo (excepto o 25 de xullo)

 Reservaranse varias prazas por quenda para participantes derivados dos servizos sociais de atención primaria, previo informe favorable dos servizos técnicos municipais.

O número por quenda será establecido segundo as necesidades do servizo. As actividades dentro do centro desenvolveranse de luns a venres de 09:00 a 14:00h (excepto o día 25 de xullo).

Este horario pode variar en función da utilización do servizo de transporte que tamén se oferta.

 A entrada ás instalación estará habilitada dende as 08.45h.

Servizos ofertados

Na oferta das Escolas de Verán 2019, os/as participantes disporán dos seguintes servizos:

a) Un programa de actividades de carácter educativo, lúdico e convivencial, que posibilite a participación do/a rapaz/a. A temática das Escolas será multiactividade, adaptada aos diferentes grupos de idade, desenvolvendo así diferentes xornadas de carácter pre-deportivo, musical, artístico, incluindo ximkanas, contacontos, obradoiros, etc.

b) Transporte de ida e volta para os participantes que así o soliciten.

c) O material necesario para a actividade.

d) Un equipo técnico de persoal especializado en educación, animación deportiva e actividades de tempo libre.

e) Seguro de responsabilidade civil e de accidentes para os participantes e atención sanitaria de primeiros auxilios.

f) Servizo de Madrugadores en horario de 08:00 a 09:00 h. Debe existir un mínimo de 10 solicitudes por quenda. Os participantes deben traer o almorzo da casa.

Prazo para formalizar a inscrición e pagamento da praza

Establécese un prazo único para formalizar a inscrición e o pagamento da praza para participar nas Escolas de Verán 2019 que será dende o luns 13 de maio até o venres 31 de maio.

Arquivado en