ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

04/09/2020

ESCOLA MUNICIPAL MÚSICA DE SADA - MATRÍCULA CURSO 2020-2021

Nota informativa para o alumnado da Escola Municipal de Música de Sada. Curso 2020-2021


  • Comezo do curso XOVES 1 DE OUTUBRO
  • OBRIGATORIO o uso da mascarilla para TODO o alumnado. No caso do alumnado do coro infantil e adulto, ademáis da mascarilla, deberán levar tamén PANTALLA PROTECTORA.
  • Ao longo do mes de setembro informaráse na web municipal dos contidos do curso.

30-06-2020 - LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020-2021

17-06-2020 -LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2020-2021 

IMPRESO DE PRIMEIRA MATRICULA EMM 20-21

RENOVACIÓN ALUMNADO

Prazo para a renovación da matrícula para o curso 2020/2021: Do 1 de Xuño ao 15 de Xuño (inclusive)

Só para alumnado xa matriculado na Escola Municipal de Música no curso anterior.

Os impresos de renovación da matrícula poderanse descargar dende á páxina web do concello www.sada.gal, solicitalos a través do correo electrónico da OMIX omixsada@gmail.com ou ben na Casa da Cultura (de luns a venres en horario de 9 a 14 h).

O xustificante bancario do abono da matrícula deberase achegar xunto coa documentación de renovación da matrícula no rexistro telemático do concello de Sada ou ben presencialmente na OMIX, previa cita (chamando ao telf. 981620331 de luns a venres en horario de 9 a 14 h. omixsada@gmail.com).

O alumnado que non formalice a matrícula dentro do prazo establecido, será dado de baixa automáticamente para o curso 2020-2021.

O alumnado que pertenza á Banda Municipal ou ao Coro Municipal de adultos deberá cubrir necesariamente o impreso de matrícula, indicando na opción correspondente a que formación pertence.

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO

Requisitos para solicitar praza en cualqueira dos instrumentos ofertados:

  • Ter coñecementos de Linguaxe Musical: equivalente ao 1º curso de grao elemental de linguaxe musical (imprescindible adxuntar documento que o acredite).
  • O alumnado que se matricule nos instrumentos ofertados, terá que realizar na Escola de Música de Sada o curso de linguaxe musical correspondente.

O Prazo de preinscrición será do 1 ao 15 de Xuño de 2020 (inclusive). A preinscrición é obrigatoria para todas aquelas solicitudes de novo ingreso.

Presentar preferentemente o impreso por vía telemática no Rexistro electronico do concello de Sada.

No caso de non ser posible realizar a preinscrión na Sede electrónica, poderáse solicitar cita previa na OMIX de Sada para presentar a solicitude de forma presencial. (Teléfono: 981 62 03 31 de luns a venres de 9 a 14 h. Correo omixsada@gmail.com).

A listaxe do alumnado admitido farase pública ao longo do día 17 de xuño. O prazo para formalizar matrícula de novo ingreso será do 18 ao 26 de xuño inclusive.

Non serán admitidas solicitudes de matrículas fóra de prazo.

Para o acceso ao curso de Música e Movemento I, o neno/a deberá ter cumpridos os 5 anos de idade antes do 1 de Xaneiro de 2021.

PRAZAS NOVO ALUMNADO

  • Música e movemento I: 8prazas
  • Linguaxe musical 1º: 3 prazas (nenos e nenas de 7/8 anos)
  • Canto Moderno: 2 prazas para adultos e 2 prazas par nenos/nenas
  • Frauta traveseira: 2 prazas
  • Percusión: 1 praza
  • Trompa: 1 praza
  • Trompeta: 1 praza
  • Violín/Viola: 1 praza

O alumnado de Música e movemento II e 1º de Linguaxe musical terá como especialidade instrumental CORO INFANTIL (actividade gratuita)

Para o acceso a cualquera praza de instrumento, o alumno terá que ter superado o curso de linguaxe musical 1º nunha Escola de Música ou Conservatorio. (imprescindible adxuntar documento que o acredite).

Todos e todas aquelas solicitantes que non consigan praza quedarán automáticamente en listaxe de espera, para cubrir posibles baixas que se produzan durante os primeiros tres meses do curso lectivo.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Participación Cidadá, Transparencia, Cooperación, Mocidade e Novas Tecnoloxías. Cultura .

Temas:
Subvencións e axudas. Formación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA