Entrega diplomas do curso de monitor de Fútbol Base que organizou o Rayo Sadense coa colaboración da concellería de Deportes

24/05/2016

Entrega diplomas do curso de monitor de Fútbol Base que organizou o Rayo Sadense coa colaboración da concellería de Deportes

Onte clausurouse o curso de adestrador de fútbol basee que se realizou en Sada nos pasados meses coa presenza da concelleira de deportes, Zeltia García, do presidente do Raio Sadense, Jesús Lestón, e do representante da Federación Galega de Fútbol, Manuel Mosquera.

A Federación Galega de Fútbol, coa autorización da RFEF e a través da Escola Nacional de Adestradores, convocou o Curso Federativo de Monitor de Fútbol Basee, que se celebrou en Sada os meses de marzo, abril e maio coa colaboración do Concello de Sada e o Rayo Sadense.

Con este curso os alumnos apuntados completaron a formación de Monitor de Fútbol Base, mediante os ensinos conducentes á obtención do Diploma Federativo.

Este curso proporcionou aos alumnos unha formación cos coñecementos e habilidades necesarias que permitan desenvolver o seu labor, mediante competencia técnica e profesional nas competicións organizadas pola Federación Galega, con profesionais que actuaron no ámbito do fútbol, utilizando os medios materiais e humanos que dispón a Federación Galega de Fútbol.

Os alumnos que finalizaron o curso, adquiriron coñecementos xerais actualizados no referente ao adestramento do fútbol de base.  Co diploma entregado onte os alumnos están acreditados para adestrar equipos federados até a categoría cadete (excepto as ligas división de honra cadete, liga galega cadete e liga galega infantil, onde será necesario a partir da tempada 2015/2016 o Nivel 1).

Ademais obtiveron o diploma federativo de “Monitor de Fútbol Base”, especialidade de Fútbol, avalado pola Escola Nacional de Adestradores da RFEF, que á súa vez permite a convalidación do Bloque de Prácticas a realizar cando efectúen o Curso de Nivel 1 Federativo Instrutor de Fútbol Base.


Arquivado en:
Novas. Deportes.

Temas:
Formación. Deporte.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA