Elas Son Artistas programa en Sada concertos de Agoraphobia e da sadense Eme DJ

12 / FEB / 2020

Elas Son Artistas programa en Sada concertos de Agoraphobia e da sadense Eme DJ

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Isabel Reimundez, participou onte na presentación do Festival metropolitano de música e artes pola igualdade, Elas Son Artistas

Sada, 12 febreiro 2020.

Sada ten unha cita coa mellor música o vindeiro 18 de abril. Ao escenario situado na carpa da praza Irmáns Suárez Picallo subiranse nomes populares do panorama musical como Agoraphobia e a sadense EME DJ dentro da programación do Festival Elas Son Artistas.

Onte, coa presenza da concelleira de Benestar Social e Igualdade Isabel Reimundez,  presentouse no Teatro Colón a terceira edición deste festival metropolitano de artes pola Igualdade onde a creatividade da muller e o obxectivo de visibilizar a igualdade en todas as artes son os protagonistas indiscutibles.

O evento celebrarase do 17 ao 26 de abril na Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre. Carral, Oleiros e Sada e está dedicado a Aretha Franklin, unha figura icónica da que ademais se presentará o seu documental Amazing Grace, con gravacións inéditas dun concerto seu celebrado na New Bethel Baptist (martes 21 de abril na sede de Afundación).

Desde a Concelleria de Igualdade e Benestar e o Movemento Cultural ESPERTO veñen traballando conxuntamente para engadir un valor propio e distintivo do noso Concello a este Festival. Isabel Reimundez non oculta a súa satisfacción polo pasos que se ven dando. "Estamos moi satisfeitas con este traballo que ten como obxectivo visibilizar o que estivo mal visto e oculto dende séculos, o traballo artístico das mulleres", sinala a concelleira.

O movemento cultural ESPERTO participa por terceiro ano consecutivo nesta iniciativa “tan necesaria onde se reivindica e visibiliza o papel das mulleres no mundo do arte”.

Programa de concertos e actividades

Aos escenarios subiranse artistas como Agoraphobia, Silvia Penide, Carmen Boa ou Mourn, o cuarteto que tivo o seu momento de gloria nos 90 e que fusiona indie e rock. A primeira festa de presentación de Elas Son Artistas será hoxe, mércores 12 de febreiro, na Sala Mardi Gras, coa presenza dos canadenses BywaterCall, sete músicos que regalarán ao público os seus temas con influencias de southern soul, gospel ou blues. A segunda celebración será o vindeiro venres 6 de marzo no Garufa Club da man da cantante venezolana Georgina, que cantará temas do seu último disco Benvido á miña habitación.

As propostas musicais serán moi diversas e a parte dos nomes principais do cartel tamén destacan outros como os das compositoras Ainoa Buitrago, Belém Tajes ou Lúa Mosquetera, á parte doutros artistas como EME DJ. A clausúra desta cita musical que cada ano gaña máis adeptos correrá a cargo de Artesanía de Galicia na Fundación Luís Seoane, que ten programado un taller de pintura de mans, o Elas tamén pintan, onde se traballará coa escultura terapéutica en Cásaa Museo Emilia Pardo Bazán.

Arquivado en