DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

20 / ABR / 2020

DÍA DO LIBRO 2020 CON ACTIVIDADES EN SADA

Desde o concello de Sada queremos animarvos a participar na dinamización do Día do Libro. Para isto propoñémosvos as seguintes actividades

"Os contos dos titines”

Podedes representar un conto inventado ou un que xa exista con títeres feitos de calcetíns. Botádelle imaxinación e a crear!

Para participar tendes que enviarnos un correo electrónico a sada.cul@sada.gal que conteña o vídeo adxunto, o título do conto e os nomes dos integrantes da compañía titiriteira.

Subiremos ao Facebook os vídeos que nos vaian chegando para que así os poidamos desfrutar todas e todos.

“Contos vivos”. 

Recreade unha escena ou imaxe voso conto favorito, podedes utilizar a técnica que queirades, plastilina, pezas de lego, arxila, un debuxo... o que máis vos apeteza! Non lle poñades límite á vosa creatividade!

Para participar enviádenos un correo electrónico a sada.cul@sada.gal que conteña a fotografía da vosa creación, o título do conto e os vosos datos persoais (nome e apelido).

Subiremos un álbum fotográfico ao noso perfil de Facebook con todas as vosas creacións.

Arquivado en