Día da Árbore e Día Internacional dos Bosques

14/03/2016

Día da Árbore e Día Internacional dos Bosques

O 21 de marzo celebraremos o Día da Árbore e o Día Internacional dos Bosques, facendo especial fincapé na importancia da educación ambiental para garantizar un desenvolvemento harmónico co medio natural.

MANIFESTO RESERVA DE BIOSFERA CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE (21 DE MARZO DE 2016) “COMPROMETIDOS NA BÚSQUEDA DUN DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE”

INFORMACIÓN CASTIÑEIRO


As árbores nos regalan vida, fixan o CO2 que producen as industrias e os vehículos, e o convirten no osíxeno que respiramos coa fotosíntese. As árbores proporciónannos madeira, froitos, o papel no que escribimos, abonan os nosos campos coas súas follas, reteñen o solo fronte á erosión, depuran os nosos ríos e lagoas, crean ecosistemas, hábitats diversos onde os animais poden vivir e refuxiarse, regálannos paisaxes de ensoño e espazos ó aire libre para o lecer e o desfrute da natureza.

Con motivo deste Día, “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” promoverá a plantación simbólica de árbores autóctonas cedidas pola Xunta de Galicia, coa idea de que eses soutos e fragas nos que se criaron os nosos avós, poidan desfrutalos os nosos netos.

Trátase de non comprometer as xeracións futuras e que os nosos descendentes poidan desfrutar da nai natureza, da súa beleza e dos recursos que nos reportan. Por todo esto, e para contribuir á recuperación das nosas variedades autóctonas, que forman parte da nosa gastronomía, toponimia e tradición, realizaremos plantacións simbólicas en todo o territorio, coa ilusión de que estas árbores que hoxe medran, se convirtan nun futuro en pequenos soutos e fragas cheas de vida.

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” quere enviar unha mensaxe conxunta de compromiso, non só adquirido internacionalmente coa UNESCO senón con toda a cidadanía, de cara a promover a compatibilidade de usos e facer posible o desenvolvemento socioeconómico do territorio coa mellora ambiental da nosa contorna.

Arquivado en:
Novas. Promoción económica, turismo e medio ambiente.

Temas:
Medio ambente.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA