DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS DO ENTROIDO SADA 2019

25 / FEB / 2019

DESFILE DE DISFRACES E CARROZAS DO ENTROIDO SADA 2019

IMPORTANTE: Suspéndese e trasládate ao martes 5 marzo ás 12:00 horas 

O Concello de Sada programa o Desfile de Disfraces e Carrozas do Entroido que terá lugar o martes 5?de marzo e onde poderán participar  todas aquelas persoas e colectivos interesados, sen límite de idade. Poderase participar en 3 categorías: INDIVIDUAL, GRUPOS e CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.

Bases do Desfile de Entroido

Inscrición en liña

PONLLE COR AO ENTROIDO:

O Entroido xa está aquí e o Concello de Sada convoca unha nova edición do seu Desfile de Disfraces, que rematará cun concurso no que se entregarán varios premios por categoría. Queremos que vos animedes a participar cos vosos mellores disfraces e encher as rúas de Sada de cores e animación festiva e desenfadada.

Nós poremos a música entroideira, nesta ocasión da man da Charanga DGT e da Fanfarria Brassica Rapa, a única fanfarria de Galicia enteiramente formada por músicas, e tí pos toda a cor das túas disfraces e da túa enerxía trouleira. 

UNHA FESTA CON PREMIO:

O desfile rematará na Carpa do Entroido, a carón do edificio modernista A Terraza, onde organizaremos o concurso e a entrega de premios: as cores dos vosos disfraces e o voso humor serán os protagonistas principais deste evento no que aproveitaremos para que amosedes tamén as vosas coreografías e ritmo.

Calquera persoa ou colectivo interesado pode participar, sen límite de idade, desfilando polo circuíto de entroido nas rúas de Sada.

Poderase participar en 3 categorías: INDIVIDUAL, GRUPOS, CARROZAS, optando a 3 premios en cada unha delas.

A asociación cultural Touliña Pop aportará animación musical na carpa e guiará o concurso para que non falte a festa!!

Bota un ollo ás bases para enterarte de todo e inscríbete no formulario de inscrición online

 

Arquivado en