Desde o 6 de novembro 8 liñas de autobús con saída de Sada chegarán ao centro de A Coruña

25 / OUT / 2017

Desde o 6 de novembro 8 liñas de autobús con saída de Sada chegarán ao centro de A Coruña

Horarios e paradas das liñas de Calpita con destino/saída Entrexardíns

Horarios e paradas das liñas de Eliseo Pita con destino/saída Entrexardíns

Sada 25 outubro 2017

Os buses metropolitanos con saída de Sada chegarán a partir do 6 de novembro ao centro da cidade da Coruña e viceversa, segundo anunciaron Xunta e Concello da Coruña no transcurso da reunión da comisión de seguimento do Plan de Transporte Interurbano entre técnicos de Infraestruturas e a concellaría de Mobilidade Sostible.

Ese día chegarán ata a parada de Entrexardíns once liñas procedentes de Oleiros, Cambre, Sada e Culleredo a través do corredor este (avenida da Pasaxe) e o corredor centro (avenida Alfonso Molina). Das 74 liñas de bus que contempla o plan que deben chegar ao centro coruñés, o luns 6 de novembro só farano 12.

Líñas desde Sada

Os concesionaria Autos Calpita habilita con destino/saída Entrexardíns as liñas 168, 169, 170 e 172B que ata agora unían a estación de autobuses con Soñeiro por Oleiros, Sada por Oleiros, Sada por Santa Cruz e Soñeiro por Santa Cruz, respectivamente. Eliseo Pita operará as liñas 2346, 2347, 2348 e 2349 entre Sada e a cidade por distintos percorridos. Os buses destas dúas empresas entrarán na Coruña pola avenida da Pasaxe ata Entrexardíns. 

O 6 de novembro estará tamén rematada xa a instalación da marquesiña de Entrexardíns. Ademais ao ser o primeiro día da semana evitarase crear confusión entre os usuarios e as concesionarias terán tempo para informar os percorridos aos viaxeiros.
A primeira fase do proxecto autonómico non inclúe as liñas co punto final do traxecto na praza de Pontevedra, como recolle o plan, destino urbano que se incorporará máis tarde para os buses procedentes de Arteixo.

Arquivado en