Deportes acondiciona a pista de baloncesto do paseo marítimo

20 / DEC / 2016

Deportes acondiciona a pista de baloncesto do paseo marítimo

Sada finaliza nestes días o acondicionamento das pistas deportivas situadas no paseo marítimo de Sada, que se atopaban en mal estado e nas que se invisten 20.000 euros. Unha parte do investimento realízase cunha subvención achegada pola Deputación Provincial da Coruña que cofinancia a actuación xunto ao Concello.

Sada 21 decembro 2016

Na zona hai unha pista de fútbol sala, unha de tenis e unha de baloncesto, o tres con bancadas de formigón e cun peche perimetral para evitar riscos, pero o estado no que se atopaba a cancha de baloncesto limitaba o seu uso, a pesar de existir demanda.

“Tanto a pista de fútbol sala como a de tenis teñen unha ocupación importante. Pola súa banda, a pista de baloncesto case non se utiliza, xa que o pavimento patina e fai perigoso o seu uso, unicamente utilízase para tirar a canastra e non para adestrar ou xogar”, justifica a concelleira de Deportes, Zeltia García, para acometer esta actuación.

Recoñece que “aínda que tivemos varias propostas para organizar algún torneo de baloncesto, debido ao estado do firme houbo que descartar a actividade por o risco que supón a pista”.

As obras non só consistiron na renovación do firme e o repintado da zona de xogo, senón que se tiveron que renovar as canastras, que estaban rotas. “As que tiñan eran unhas canastras que cando algún xogador medianamente forte se colga do aro, rompen, por iso instalamos unhas canastras basculantes na pista de baloncesto do paseo marítimo, xa que son moi utilizadas e desta maneira recuperarse a práctica do baloncesto en Sada ou torneos como o 3x3 de verán, que tiña moitísima afluencia de xogadores incluso de fóra da comarca”, indica a concelleira.

Arquivado en