Curso Gratuito de Manipulador/a Alimentos en Sada

13 / NOV / 2017

Curso Gratuito de Manipulador/a Alimentos en Sada

O Concello de Sada, dentro do Plan Formación Municipal para o Emprego (FORME), organiza unha nova acción formativa de Manipulador de Alimentos, dado o número de persoas interesadas no mesmo

Sada 13 novembro 2017

A concellería de Urbanismo e Emprego organiza un Curso de manipulación de alimentos, de interese para todas aquelas persoas que están en contacto con comedores infantís, coa hostalaría e a alimentación en xeral.

O obxectivo que se pretende acadar é que o alumnado obteña o certificado oficial de manipulador de alimentos requirido pola administración sanitaria segundo o Decreto 109/2010, de 5 de febreiro (BOE 19/02/2010)que está vixente na actualidade, e para:

  • Concienciar dos perigos potenciais que conleva a contaminación dos alimentos
  • Coñecer as causas que provocan intoxicacións alimentarias
  • Saber aplicar as medidas preventivas necesarias para evitar a contaminación dos alimentos
  • Realizar unha limpeza e desinfección correcta dos utensilios e das instalacións
  • Levar a cabo un aseo e unha hixiene persoal correcta
  • Adquirir os coñecementos básicos do Análises de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) e das Guías de Prácticas correctas de Hixiene (GPCH) a aplicar na área específica de traballo
  • Cumprir e coñecer a lexislación sanitaria vixente referente aos manipuladores de alimentos

Data e hora: mércores 29 de novembro de 2017 de 10:00 a 13:00 horas

Lugar: Sala de conferencias do local da OMIX, Praza da Pescadería, s/n

Duración: 3 horas.

Custo: GRATUITO, está integramente subvencionado polo Concello

Para inscribirte ao curso, só tes que cubrir o seguinte formulario

Ou chamar á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, aos teléfonos 881.929.057 – 620.765.150

Prazo ata o luns 27 de novembro ás 14:00 h.

Arquivado en