Cultura programa Chocolasada para a tarde do 24 de decembro

20 / DEC / 2017

Cultura programa Chocolasada para a tarde do 24 de decembro

A concellería de Cultura programa para o domingo 24 de decembro, ás 17 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns, CHOCOLASADA, unha actividade lúdica onde coros de nenos de Sada darán a benvida a Papá Noel e que dará protagonismo ós valores, a multiculturalidade... E rematarán tomando chocolate con churros! 

Todos os nenos e nenas que queiran cantar co Coro da Biblioteca, poden acudir ao ensaio mañá  xoves de 18:00 a 19:00h. e o venres de 11 a 12 h. 

Máis información na Biblioteca Municipal de Sada e en na páxina de facebook de Cultura de Sada 

Arquivado en