Cultura instala un punto informativo na Capela de San Roque

27 / DEC / 2016

Cultura instala un punto informativo na Capela de San Roque

A Capela de San Roque ven de equiparse cun “punto informativo” para informar das actividades máis destacadas  e favorecer o incremento de público e visitantes nas instalacións culturais municipais

Sada 27 decembro 2016

A concellería de Cultura, xestionada pola socialista María Pardo, está nestes momentos en plena fase de mellora de equipamentos culturais na sala de exposición da Capela de San Roque e que xunto á reforma do edificio terminará no exercicio 2017.

O “punto informativo” instalado, dentro do programa de subvencións a concellos e entidades locais para a realización de investimentos culturais da Deputación da Coruña,  é controlable dende o interior da Capela e servirá para informar aos veciños e veciñas da programación cultural do Concello.

Ademais desde a concellaría realizáronse melloras na calefacción do inmoble e outros pequenos arranxos. O orzamento total das actuacións realizadas nos últimos días ascendeu a 5.786,62 €

Arquivado en