Cultura entrega os premios da actividade das Letras Galegas.

25/05/2016

Cultura entrega os premios da actividade das Letras Galegas.

- A actividade consistía en contestar as preguntas do reto “Que sabes ti de?” así como completar poemas de Manuel María buscando que os participantes se sentisen “Poeta  por un día”. 


Sada, 25 maio 2016

A Concellaría de Cultura, xestionada polo socialista Marcos Villar, programou para celebrar o Día das Letras unha actividade que conxugaba participación cidadá, un concurso cultural e poético e un espectáculo diferenciador a cargo do grupo Lado-Aldao.

A actividade desenvolveuse durante toda a pasada semana e tivo a súa culminación nun acto central na Capela de San Roque no que entregaronse os premios da actividade e disfrutouse do exquisito e divertido espectáculo titulado “Moita poesía, pouca diversión” a cargo do grupo Lado-Aldao.

Ademais aproveitouse a ocasión para proxectar un audiovisual que sobre a figura de Manuel María realizou a produtora Galaecia Films dirixido por Xosé Anxo Seoane do IES Isaac Díaz Pardo.

Os gañadores do sorteo que se realizou entre todos os participantes que responderon perfectamente ás preguntas do reto que se expuña foron Marta Pumares, Sara Castro e Enma Pedreira, que recibiron premios compostos por un lote de libros de Manuel María, unha peza do catálogo de Cerámicas do Castro e un cheque-regalo para gastar en material educativo nas librarías sadenses.

Actividade Letras Galegas

Durante a pasada semana nos comercios locais que se sumaron a esta iniciativa distribuironse uns folletos onde, aparte de facer unha breve reseña sobre a vida e obra de Manuel María, propoñíase a participación do usuario mediante un cuestionario acerca do propio autor outeirán, en particular, e da celebración do día das letras galegas, en xeral.

Na parte creativa propúñase o reto de converterse en poeta por un día e recibíronse creacións tan orixinais e de tanta calidade como as seguintes onde os participantes completaban os versos de Manuel María.

O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte que agroma “a nosa galeguidade”.

O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte que agroma “a máis profunda amizade”

O idioma é o amor, o latexo, a verdade, a fonte que agroma “a vida que é liberdade”.

 

Seríamos, sen fala, unos ninguén, unas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben “que vivimos nun conto de fadas”.

Seríamos, sen fala, unos ninguén, unas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben “que as nosas letras son privilexiadas”.

Seríamos, sen fala, unos ninguén, unas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben “que os versos vencen as balas”.

 

Clarifícame, amiga, o mundo enteiro e dálle nome á estrela, ás rosas, ó amor, a ese máxico e morno respandor “que vese dende o teu pequeno roteiro”.

Clarifícame, amiga, o mundo enteiro e dálle nome á estrela, ás rosas, ó amor, a ese máxico e morno respandor “da túa estela, o meu estupor”.

Clarifícame, amiga, o mundo enteiro e dálle nome á estrela, ás rosas, ó amor, a ese máxico e morno respandor “que se ocualta baixo o mes de xaneiro”. 


Arquivado en:
Novas. Cultura.

Temas:
Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA