Convocatoria Subvencións a Entidades Deportivas e Deportistas

10 / ENE / 2020

Convocatoria Subvencións a Entidades Deportivas e Deportistas

O Concello de Sada, a través da concellería de Deportes, convoca as axudas a entidades deportivas e as axudas para deportistas correspondnetes ao ano 2019.

IMPORTANTE: O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS COMEZA AO DÍA SEGUINTE DA PUBLICACIÓN DO EXTRACTO NO BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA.

BASES CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA O ANO 2019

- BASES REGULADORAS DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DEPORTIVAS PARA O ANO 2019.

Dentro do labor de fomento e apoio ás iniciativas das entidades sen ánimo de lucro que ten atribuído o Concello de Sada, convócanse as presentes axudas na área de Educación e Deporte para o período que vai comprendido entre o 01 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019.  

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio ás entidades deportivas e contribuír para que acaden os obxectivos que lles son propios, a fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo deste xeito a impulsar a igualdade e democratización da sociedade. En canto ás subvencións ás entidades deportiva, a presente convocatoria márcase obxectivos de carácter xeral como a mellora da xestión e organización de actividades deportivas mediante a concesión de subvencións. Son prioritarias nesta convocatoria as accións tendentes a impulsar o desenvolvemento de actividades deportivas federadas, fomento do deporte de base, fomento do deporte escolar e deporte inclusivo. As subvencións ás entidades deportivas irán destinadas a gasto corrente en actividades deportivas. Destinaranse 63.500€ ás subvencións para actividades deportivas con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000

Convócase tamén a concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, ao abeiro das bases reguladoras da concesión de bolsas para deportistas de Sada 2019 aprobadas no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral para 2019. As axudas otórgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000 ata o límite de 10.500,00 euros.

Arquivado en