CONVOCATORIA POSTO DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE COMISIÓN SERVIZOS

24 / NOV / 2020

CONVOCATORIA POSTO DE TÉCNICO/A DE ADMINISTRACIÓN XERAL DE URBANISMO E MEDIO AMBIENTE COMISIÓN SERVIZOS

O Concello de Sada convoca a provisión dun posto no Departamento de Urbanismo e Medio ambiente, código 090002 da RPT denominado: Técnico/a de administración xeral de urbanismo. Para participar na presente convocatoria será necesario ter a condición de persoal funcionario de carreira de calquera Administración pública, pertencente ao grupo A1 en situación de servizo activo, e presentar, para a toma de posesión do posto, informe previo favorable da Administración de procedencia. O posto encóntrase vacante actualmente, polo que a incorporación da persoa seleccionada terá lugar de modo inmediato. A duración da comisión de servizos será dun ano, prorrogable por tempo igual, agás interrupción polas causas legalmente establecidas ou cobertura definitiva do posto.

IMPORTANTE: O prazo de presentación será de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria na sede electrónica e no taboleiro de edictos do Concello, previa publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

 

Arquivado en