CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

23/12/2020

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

O Concello de Sada, a través da Concellaría de Educación e Deporte, abre a convocatoria de concesión de bolsas para axuda a deportistas do Concello de Sada, no marco das Bases de Execución do Orzamento Xeral e plan estratéxico de subvencións 2020.

IMPORTANTE: O prazo para a presentación de solicitudes será de QUINCE DÍAS naturais desde o día seguinte da publicación do extracto da convocatoria das bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.


23/12/2020 - Extracto del Decreto de Alcaldía 2637/2020, de 3 de diciembre, por el que se aprueban las bases específicas y convocatoria de las bolsas para deportistas temporada 2019/20

BASES CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

1. Solicitude da subvención segundo modelo normalizado. (Anexo I)

2. Resumo do historial deportivo, obtido durante a tempada 2019-20 (Anexo II)

3. Proxecto deportivo, desenvolvido durante a tempada 2019-20, no que se incluirá necesariamente: (Anexo III)

4. Declaración de responsabilidade (Anexo IV)

O Concello de Sada quere, pola presente convocatoria, dar apoio aos/ás deportistas e contribuír para que acaden os seus obxectivos, fomentar a participación da cidadanía en cada ámbito de actuación, contribuíndo, deste xeito, a impulsar a igualdade e a democratización da sociedade. Estas subvencións están recollidas dentro do Plan Estratéxico de subvencións 2020-2022, aprobadas en sesión plenaria celebrada o pasado 25 de xuño de 2020, e publicadas no BOP nº 98 do 1 de xullo de 2020. As axudas outorgaranse con cargo á aplicación orzamentaria 341.48000 até o límite de 10.500,00 euros. 

Obxecto

O obxecto da presente convocatoria é establecer os criterios e o procedemento para a concesión de bolsas a deportistas de nivel do Concello de Sada, de acordo cos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade coa intención de fomentar o deporte de nivel entre os veciños e veciñas do municipio.

As axudas son individuais e serán concedidas exclusivamente para o financiamento dos gastos correntes derivados da participación en competicións deportivas oficiais a nivel comunitario, nacional ou internacional cuxas disciplinas estean recoñecidas pola federación galega, nacional ou internacional da disciplina en cuestión e polo Consello Superior de Deportes. Tempada 2019/2020, segundo os requisitos establecidos no apartado relativo á xustificación do gasto.

Destinatarios/as

Poderán participar nesta convocatoria os/as deportistas do Concello de Sada que reúnan os seguintes requisitos:

1. Ter a idade mínima de dez anos cumpridos no ano da solicitude.

2. Estar empadroado/a no Concello de Sada cunha antigüidade de, polo menos, tres anos consecutivos, no ano da solicitude.

3. Estar en posesión de licenza deportiva, vixente no momento da convocatoria e expedida pola federación deportiva correspondente.

4. Acreditar nivel deportivo na especialidade, polo menos, o ano anterior ao da solicitude, e ter proxección nas previsións de futuro.

5. Non estar incurso/a en ningún dos supostos de incapacidade ou incompatibilidade para obter a condición de beneficiario/a de subvencións artigo 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. 

Documentación que se debe presentar no momento da solicitude

As solicitudes de bolsas presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, no modelo normalizado, que se facilitará neste rexistro e no que constará:

1. Solicitude da subvención segundo modelo normalizado (Anexo I)

2. Fotocopia do DNI ou NIF do solicitante ou do seu representante legal, no caso dos menores de idade pai, nai ou titor ou titora legal.

3. Resumo do historial deportivo, obtido durante a tempada 2019-20, no que terán que constar as participacións e os resultados máis importantes obtidos en competicións autonómicas, nacionais ou internacionais, con especificación de datas, lugar e nivel de competición; este historial haberá de vir dilixenciado co visto e prace da federación deportiva correspondente en documento orixinal (Anexo II).

4. Proxecto deportivo, desenvolvido durante a tempada 2019-20, no que se incluirá necesariamente: (Anexo III)

4.1. Detalle das competicións ás que se asistiu ou ás que se pretende asistir na tempada 2019-20, expresando a súa denominación, data, lugar, número e duración das competicións.

4.2. Nivel de competición nacional, internacional, etc.

4.3. Categoría da competición absoluta, etc.

4.4. Copia compulsada da licenza federativa para a tempada 2019-20.

4.5. Orzamento de gastos e ingresos estimados na tempada 2019-20.

4.6. Xustificante do Padrón municipal no que conste a data de alta.

4.7. Certificado dun número de conta corrente da que sexa titular o/a solicitante (IBAN).

5. Declaración de responsabilidade (Anexo IV). A Concellería de Educación e Deporte revisará os expedientes de solicitudes e verificará que conteñan a documentación esixida. Se resulta que a documentación está incompleta ou defectuosa, requiriráselle á persoa solicitante para que, no prazo de DEZ días a partir da data de notificación, achegue a documentación necesaria ou corrixa os defectos observados, facéndolle saber que, no caso de incumprimento, se entenderá que desiste da súa solicitude.  

BASES COMPLETAS DA CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA DEPORTISTAS DO CONCELLO DE SADA PARA A TEMPADA 2019-20

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación e Deporte.

Temas:
Subvencións e Axudas. Deporte. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Maiores.

AXENDA