CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS EDUCADOR/A SOCIAL

10/03/2020

CONVOCATORIA BOLSA DE EMPREGO INTERINOS EDUCADOR/A SOCIAL

PUBLICADO O ANUNCIO DE RESULTADOS DO 1º EXERCICIO FASE OPOSICIÓN DO PROCESO SELECTIVO

O obxecto das presentes bases é o de regular o procedemento de selección para a creación dunha bolsa de emprego para o nomeamento de persoal funcionario interino, correspondente a prazas de educador/a social, integradas na Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, clase Técnicos medios, pertencente ao grupo de clasificación A subgrupo A2 de funcionarios, e sempre e cando se requira unha cobertura áxil ou urxente para atender ás demandas de persoal.

IMPORTANTE: As instancias solicitando tomar parte nas probas selectivas presentaranse durante o prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia


Arquivado en:
Novas. Avisos. Facenda, Administración Local, Administración Electrónica, Contratación e Seguridade Cidadá.

Temas:
Benestar Social. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.