Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal

30 / MAR / 2017

Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal

O presente documento recolle a proposta de creación dos Consellos Sectoriais de Sada, atendendo ao aportado polas persoas participantes nas primeiras accións do proceso.

Documento dos Consellos Sectoriais de Sada - Proposta de Participación Veciñal

Sada 30 de marzo 2017.

 

Preséntanse as conclusións obtidas en relación a cales deben ser os Consellos Sectoriais a crear, e cal a composición dos mesmos.

O proceso de creación dos Consellos Sectoriais de Sada estruturouse para ser realizado en dúas partes:

1ª: De análise do movemento asociaciativo.

2ª: De creación de Consellos Sectoriais.

Da totalidade do proceso, 12 semanas foron planificadas para ser o espazo temporal que abrangue o contacto e participación da cidadanía. A primeira fase estaba planificada para ser realizada en 10 semanas, atopándonos neste momento no remate da semana 7, sendo a principal finalidade desta fase a de coñecer con maior profundidade como é o asociacionismo sadense.

Esta primeira fase permite aproximarse a cales son os principais ámbitos de interese da cidadanía de Sada, e polo tanto que temáticas de Consellos se entende que deben existir. Ao tempo, isto tamén permite achegarse a detectar que Consellos serían máis ou menos viables en función da demanda dos mesmos, e interese (en número) mostrado en formar parte destes.

No documento que se achega se explica todo o proceso que se realizou ata o momento e o que se fará a partir de agora.

Arquivado en