Concurso Postais Nadal 2020

02 / DEC / 2020

Concurso Postais Nadal 2020

A Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Emprego busca o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través dun concurso de Postais de Nadal que premia con agasallos sorpresa que o Concello de Sada mercará ao comercio local.

O concurso está dirixido a rapazas e rapaces menores de 16 anos e a postal gañadora será utilizada como imaxe da Campaña de Nadal do Concello de Sada. Os deseños poderán presentarse ata o 14 de decembro (prazo ampliado).

Bases Concurso Postais Nadal 2020

O concurso ten por obxectivo principal o fomento da interrelación da comunidade escolar, o tecido comercial e a veciñanza de Sada, así como a promoción do galego nestas áreas, a través da elaboración de postais de Nadal que serán seleccionadas polo Concello de Sada para a Campaña de Nadal do presente ano.

Cada autor ou autora poderá concorrer cunha única postal que deberá ser orixinal e inédita, entendéndose como tal unha obra que sexa da súa exclusiva autoría e propiedade e que non fose exposta nin presentada anteriormente en ningún outro certame ou concurso. 

O tema empregado deberá estar relacionado co Nadal e o tamaño correspondente é de A4, sendo as técnicas de pintura de libre elección. 

O concurso está dirixido a todos os rapaces e rapazas de Sada, menores de 16 de anos, cun único traballo por autor/a.

Os traballos deberán presentarse como data límite o luns 14 de decembro nos centros escolares (CEIPs e I.E.S) da localidade, na Omix Sada ou no rexistro xeral. 

Cada traballo deberá levar no dorso os datos do/a autor/a: Nome, apelidos, idade, enderezo, localidade, parroquia, teléfono e/ou correo electrónico.

O xurado estará composto por personal das áreas de Promoción Económica, Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Sada.

Os/as gañadores/as do concurso xunto coa imaxe do seu traballo publicaranse na web e nas redes sociais do Concello.

Ademais da publicación e difusión haberá tres premios sorpresa para os deseños máis valorados polo xurado.

A participación neste concurso implica a aceptación destas bases e a cesión ao Concello de Sada dos dereitos de reprodución, distribución, comunicación pública e transformación sobre os traballos presentados previstos na lexislación sobre a Propiedade Intelectual ou a súa edición dixital, así como a través de calquera outro medio, todo iso sen ánimo de lucro, e pola duración máxima permitida pola citada lexislación da Propiedade Intelectual.

Arquivado en