Cinema de Verán 2020 en Sada

30 / XUL / 2020

Cinema de Verán 2020 en Sada

A Concellería de Cultura organiza Cinema de Verán a semana do 10 al 13 de agosto. Cada dúa proxectarase unha película dirixida a público familiar na Praza de San Roque ás 22:00.

Debido á pandemia do Covid-19 o aforo será limitado e haberá que reservar praza a través dos formularios de inscripción. 

 

Sada, 30 de xullo 2020.

A adxudicación das prazas levarase a cabo por rigurosa orde de inscrición.

A listaxe de persoas admitidas publicarase na web e no facebook do concello de Sada, o vindeiro venres 7 de agosto.

Poderán inscribirse, conxuntamente, ata un máximo de 4 persoas.

As nenas e nenos menores de 10 anos deberán permanacer, en todo momento, acompañadas por unha persoa adulta.

Obrigatorio o uso de máscara sanitaria.

Para poder garantir a seguridade e comodidade de todas e todos é necesaria a túa colaboración. No recinto haberá persoal da organización para acomodar ás participantes. Atende ás indicacións, cumpre as normas e respeta as distancias.

Empatiza! Todas e todos temos dereito a desfrutar. Se te inscribes nunha actividade é para asistir, no caso de causar baixa contacta coa Oficina de Xuventude no 9810075 (Ext.500), así poderemos avisar as seguintes persoas que figuren en listaxe de agarda.

Grazas pola túa colaboración.

Arquivado en