Catrocentros sadense luciron identificadores con frases literarias para celebrar o Día do Libro.

25/04/2016

Catrocentros sadense luciron identificadores con frases literarias para celebrar o Día do Libro.

- Preto de 400 identificadores repartíronse nos últimos días desde a Concellaría de Cultura e desde a Biblioteca Municipal sendo o propio concelleiro de Cultura, Marcos Villar, que agradeceu "a altísima participación e o interese mostrado polos cidadáns e empresarios locais nesta iniciativa".

Sada, 25 abril 2016

A Concellaría de Cultura, xestionada por Marcos Villar, a través da biblioteca municipal Suárez Picallo encheu de frases literarias os comercios e as rúas de Sada nunha actividade de de fomento de lectura que consistiu en levar durante o Día do Libro identificadores na solapa coas devanditas frases.

Preto de 400 identificadores repartiron nos últimos días desde a Concellaría de Cultura e desde a Biblioteca Municipal sendo o propio concelleiro de Cultura, Marcos Villar que agradeceu "a altísima participación e o interese mostrado polos cidadáns e empresarios locais nesta iniciativa".

Villar valorou ademáis a "gran calidade literaria das frases presentadas a concurso? e desexou que iniciativas como esta ?contribúan a fomentar o hábito da lectura moito máis alá do 23 de abril".

Desde a biblioteca Ramón Suárez Picallo estivo a se realizar durante os últimos días a recolección de frases dos libros que tanto usuarios como empresas locais pensaron que tiñan suficiente calidade para converterse en arte nos muros da biblioteca.

A iniciativa da biblioteca sadense consolídase, cunha nova edición, como unha cita cultural imprescindible en Sada tras a súa posta en marcha no ano 2012. Aínda que a primeira edición desta actividade remóntase ao ano 2008 cando se seleccionou “Ergueremo-la espranza sobre ista terra escura, coma quen ergue un facho nunha noite sin lua”? do libro Longa Noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro, frase que achegou o sadense Isaac Pérez e cuxo vinilo en realizou o tamén sadense David Súarez Ansede. En anteriores edicións foron ilustradas frases de Shakespeare, Cervantes, Saint-Exupery e Einstein.

Os participantes nesta edición do Día do Libro 2016 cubriron un impreso onde se indicaba a cita escollida e entregárono na biblioteca municipal. Un xurado escollerá, antes do próximo 2 de maio, a frase que pasará a decorar as paredes da biblioteca xunto co vinilo deseñado polo ilustrador David Prieto.

Quen participou nesta actividade compite por ser o gañador da frase pero tamén está previsto como premio unha cea nun restaurante ou bar de Sada por un prezo máximo de 90 euros na modalidade individual ou de 160 euros na modalidade de empresa, establecéndose para esta segunda que deberá ser gozado cos seus compañeiros de traballo.

Arquivado en:
Novas. Cultura.

Temas:
Educación. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA