CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DE ESQUI

27/12/2018

CAMPAÑA DE INVERNO 2019 DE ESQUI

O concello de Sada foi incluido no programa de esquí “CAMPAÑA DE INVERNO 2019”, da Deputación Provincial, para o que se lle adxudican  8 prazas. A estancia e manutención desenvolveranse en aloxamentos ubicados na estación invernal de Cabeza de Manzaneda e correspóndelle a 4ª quenda, dende o 15/02/2019 ó 18/02/2019.

Folla preinscrición Campaña de Inverno 2019 estación de Manzaneda

Folleto informativo Campaña Inverno 2019


A Deputación da Coruña, programa unha campaña de esquí na estación invernal de Manzaneda  (provincia de Ourense) para nenos e nenas de toda a provincia, con idades entre 11 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2019).

As preinscricións para participar na Campaña de Inverno 2019 só se poderán entregar no Rexistro Xeral do Concello de Sada. O prazo de presentación será ata o 10 de xaneiro de 2019 ás 14:00 horas. Terán preferencia os rapaces que non foran a ninguna campaña de neve da Deputación Provincial.

No caso de recibir máis solicitudes que as prazas que temos concedidas, farase un sorteo público na área de Deportes (Entreplanta do edificio de Servizos Administrativos na Avenida da Mariña) ás 12:00 horas do luns 14 de xaneiro 2019, e avisarase por teléfono aos admitidos/as para indicarlles a documentación que deben presentar para confirmar a súa praza.

Cada participante aboará unha cota de participación de 85 euros. Non teñen que pagar a cota nin presentar documentación (excepto a preinscrición que se achega a este escrito) ata que o Concello lles confirme a praza. As solicitudes que non cumpran cos requisitos serán anuladas


Arquivado en:
Carnoedo. Alcaldía. Novas. Meirás. Mondego. Mosteirón. Osedo. Sada. Soñeiro. Deportes. Veigue.

Temas:
Deporte. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA