CAMPAMENTOS DE VERÁN DEPUTACIÓN 2019

13 / MAI / 2019

CAMPAMENTOS DE VERÁN DEPUTACIÓN 2019

A Deputación da Coruña organiza os Campamentos de Verán 2019 para os que ao Concello de Sada correspóndelle 5 prazas. A preinscrición debrá facerse na área de Deportes do Concello de Sada (Avenida da Mariña 25, Planta Baixa) antes do 31 de maio. En caso de superar a demanda ás prazas concedidas realizarase un sorteo público na área de Deportes o 3 de xuño ás 12:00 horas.

FOLLETO CAMPAMENTOS DE VERÁN 2019

FOLLA PREINSCRICIÓN

INFORMACIÓN XERAL PARTICIPANTES:

Rapaces/zas de 9 a 14 anos de idade cumpridos durante o ano 2019, empadroados nun Concello da provincia da Coruña.

LUGAR:

Centro Calvo Sotelo. Rúa Archer Milton Huntington, 24. (Concello da Coruña).

INCLÚE: transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

DATAS:

3ª QUENDA: do 14 ao 19 de xullo.

ENTRADA:

Domingo pola tarde, entre as 18.00 horas e as 19.00 horas, no Centro Calvo Sotelo.

SAÍDA:

Venres seguinte, tralo almorzo.

PREINSCRICIÓNS:

No Concello de Sada para os rapaces/as empadroados/as. Prazo límite: antes do 31 de maio de 2019. FOLLA PREINSCRICIÓN

Cota de inscrición: 85,00 € (oitenta e cinco euros). Ingresaráse, unha vez o/a rapaz/a obteña praza, na conta que será publicada na páxina web da Deputación da Coruña. No ingreso da cota terá que constar: “CAMPAMENTO DEPORTIVO DE VERÁN 2019”, nome e apelidos do/a rapaz/a e concello ó que pertence.

Prioridade: Terá preferencia o/a rapaz/a que non participase no campamento deportivo da Deputación en edicions anteriores. (Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos días seguintes á finalización do prazo de preinscrición).

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ:

Para formalizar a prenscrición debes entregar no teu concello: FOLLA DE PREINSCRICIÓN

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Actividades náuticas, equitación, tenis, senderismo, así como a práctica do fútbol, tenis, voleipraia, voleibol, baloncesto, aeróbic, baile…

VELADAS NOCTURNAS:

Realizaranse actividades e xogos que teñan elementos que fomenten a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o repecto polos demais.

ACTIVIDADES CULTURAIS:

Visita a centros de interese cultural na comarca e na cidade da Coruña.

EQUIPO RECOMENDADO

Roupa de rúa (pantalóns, camisas). Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina). Toallas de aseo. Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante). Saco de durmir e lanterna. Gafas para o sol. Crema protectora para o sol, factor alto. Chuvasqueiro. Mochila pequena.

MATERIAL

O material propio das actividades deportivas (raquetas de tenis, balóns e chalecos salvavidas) será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

Arquivado en