CABALGATA DE REIS 2019

28/12/2018

CABALGATA DE REIS 2019

LISTAXE PARTICIPANTES E LISTA DE AGARDA DA CABALGATA DE REIS 2019. 

PERECORRIDO DA CABALGATA DE REIS

Aquelas nenas e nenos que desexen cambiarse de carroza deberán poñerse deacordo con outo figurante pola súa conta e comunicarse coa OMIX.

Se alguén se da de baixa debe comunicalo á Oficina da Xuventude para que aquelas persoas da listaxe de espera poidan ocupar as prazas vacantes.


BASES REGULADORAS: FIGURANTES NA CABALGATA DE REIS 2019

INSCRICIÓN EN LIÑA

FOLLA DE INSCRICIÓN PARA ENTREGAR NA OMIX OU MANDAR POR MAIL


Poderán inscribirse rapazas e rapaces nados con anterioridade ao 6 de xaneiro de 2013.

Haberá 8 prazas para “Paxes Reais” que se ofrecerán aos solicitantes de maior idade, establecendo como límite os 30 anos cumpridos a día 6 de xaneiro de 2018.

No proceso de selección terán preferencia as inscricións de persoas empadroadas no Concello de Sada (realizarase unha comprobación de oficio no Padrón Municipal).

A inscrición poderá realizarase en liña, vía correo electrónico enviando a inscrición debidamente cuberta a sada.cul@sada.gal ou de xeito presencial na OMIX, en horario de 9:00h a 14:00h e de 16:00h a 18:00h.

Establécese un prazo de presentación de inscricións dende as 9:00h do día de publicación destas bases na web municipal ata as 15.00h do venres 21 de decembro.


Arquivado en:
Novas. Festas. Axenda de festas. Avisos. Sada. Cultura.

Temas:
Turismo. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores. Turistas.

AXENDA