Biblioteca municipal - iniciativas en idiomas + libros iniciativas en inglés

11/02/2016

Biblioteca municipal - iniciativas en idiomas + libros  iniciativas en inglés

A Concellería de Cultura, xestionada por Marcos Villar, a través da Biblioteca Municipal, coa finalidade de apostar polo futuro educativo dos nenos e nenas de Sada pon á súa disposición durante este ano diversas liñas de traballo para que, o día de mañá, empreguen con normalidade un idioma tan estendido como é o inglés.

“Iniciativas en Idiomas + Libros” busca o achegamento ó inglés mediante actividades lúdicas –por tratarse de nenos- pero sen perder de vista a utilidade e a efectividade, e todo desenrolado no marco das bibliotecas. Nos meses de febreiro, marzo e abril de 2016 poderán desfrutar das seguintes actividades que se levarán a cabo na Casa da Cultura Pintor Lloréns:

Campamento temático de Inglés. Primaveira. Para rapaces de 8 a 11 anos. Datas: 5 e 6 de marzo. Prazas: 25 (Pechada inscripción. Todas as prazas cubertas a 15/2/2016). Entrada ás 17 horas do 5 de marzo e saída ás 16 horas do día 6. Interesante experiencia na que os nenos e nenas convivirán un día enteiro falando, escoitando, xogando e desenrolando a súa actividade cotiá en lingua inglesa.

Eat, play and learn with Peter Vard. Para nenos de 4 a 5 anos. Datas: 28 de febreiro, 13 de marzo e 3 de abril. Prazas: 15 por cada un dos días. Entrada ás 13 horas e saída ás 16:30.

Eat, play and learn with Peter Vard. Para nenos de 6 a 7 anos. Datas: 21 de febreiro e 20 de marzo. Prazas: 15 por cada un dos días. Entrada ás 13 horas e saída ás 16:30. Máis de tres horas para que os pequenos compartan cos “teachers” comida, xogos, ilusión e aprendizaxe construtivo, para que interioricen de forma natural o idioma e se familiaricen coa Biblioteca Municipal.

Bases campamento temático de Inglés.

Bases Eat, play and learn with Peter Vard 2016. 



Arquivado en:
Cultura.

Temas:
Educación. Cultura.

Perfís:
Veciños. Xuventude.

AXENDA