Bases de participación na III Cervefeira (Feira da Cervexa Artesá de Sada
04/09/2017
Os días 29 e 30 de setembro e o 1 de outubro celebrarase en Sada a terceira edición da Cervefeira, a Feira da Cervexa Artesá de Sada.
A concellería e Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente ven de publicar as bases de participación para todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten o desenvolvemento dunha actividade de elaboración de cervexa artesá excluindo os grandes grupos cervexeiros.
- Bases de participación na III Cervefeira. Feira da Cervexa Artesá de Sada
- Solicitude de participación na III Cervefeira
Arquivado en:
Novas. Avisos. Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente. Sada.
Temas:
Economía. Turismo. Participación Cidadá.