AXUDAS ECONÓMICAS AO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

11/11/2020

AXUDAS ECONÓMICAS AO TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

A presente convocatoria da Concellaría de Educación ten por obxecto o establecemento de axudas económicas aos desprazamentos co fin escolar dirixida ao alumnado empadroado no Concello de Sada para o curso 2020-2021, favorecendo o acceso aos centros de ensino públicos mediante unha axuda nos custos derivados da utilización de calquera tipo de transporte para acceder a estes.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro


BASES CONVOCATORIA AXUDAS AO TRANSPORTE ESCOLAR

MODELO DE SOLICITUDE

DECLARACIÓN AXUDAS

11/11/2020 - EXTRACTO CONVOCATORIA AXUDAS TRANSPORTE

 

Criterios

Concederase unha única axuda para todo o curso lectivo, que será aboada en dous prazos: un 70 % na anualidade 2020 e un 30 % na anualidade 2021. Establécese como criterio de concesión a distancia que existe entre o domicilio do/a beneficiario/a e a localidade do centro de ensino onde estea matriculado/a (sempre e cando o centro careza de transporte escolar), segundo o baremo que figura a seguir (a distancia mínima para recibir a axuda é de 1 km):

  • De 1 a 3 km: 50 € (p. ex. Sada)
  • De 4 a 15 km: 80 € (p. ex. Bergondo, Betanzos...)
  • De 16 a 40 km: 100 € (p. ex. A Coruña...)
  • De 41 a 80 km: 150 € (p. ex. Santiago, Lugo...)
  • Máis de 80 km: 180 € (p. ex. Pontevedra, etc.)

No caso de que, debido ao número de solicitantes beneficiarios/as e unha vez concedidas as axudas polos importes establecidos no parágrafo anterior, se superase a contía total fixada na Disposición Final, as citadas contías reduciranse nun 10 % do seu importe, sucesivamente e ata que se dea cobertura á totalidade das solicitudes presentadas. As persoas que estean cursando estudos en máis dun centro só poderán solicitar a axuda económica para un deles.

Beneficiarios/as

Poderá acollerse a estas axudas o alumnado empadroado no Concello de Sada que curse calquera dos seguintes estudos dentro ou fóra da Comunidade Autónoma Galega:

  • Educación Secundaria Adultos (ESA).
  • Bacharelato.
  • FP/ciclos formativos.
  • Estudios universitarios.
  • Calquera estudio oficial homologado estatalmente.

Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar empadroado no Concello de Sada.

b) Estar empadroado a máis de 1 km de distancia do centro de estudios.

c) Estar matriculado nun centro de ensino público.

d) En función da natureza da subvención aplícase a excepción prevista no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos requisitos para obter a condición de beneficiario/a.

Non poderán acollerse as persoas que se encontraren nos seguintes supostos:

  • Ter solicitada para o presente curso lectivo calquera outra axuda económica relacionada co desprazamento ao centro de ensino, ou ben estar matriculadas en cursos onde estean total ou parcialmente subvencionados os gastos de desprazamento.
  • Cursar estudos de educación primaria ou secundaria (ESO), ou infantil (3-5 anos).
  • Estar matriculadas en centros privados ou públicos concertados.
  • Cursar estudos con duración inferior a 6 meses.

Para os efectos de dar traslado á axencia tributaria das axudas concedidas, tomarase como beneficiario/a ao/á interesado/a ou o/a representante legal, no caso de minoría de idade, co seu correspondente número de identificación.

Publicación das bases e prazo de presentación de solicitudes

As solicitudes, dirixidas ao Sr. Alcalde e asinadas pola persoa solicitante, formularanse no modelo que figura como anexo desta convocatoria e presentaranse no Rexistro electrónico do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas.

As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Tamén se publicará na páxina web do Concello, sendo posible presentar as instancias a partir dese momento.

BASES COMPLETAS CONVOCARTORIA AXUDAS AO TRANSPORTE ESCOLAR

Arquivado en:
Novas. Avisos. Educación e Deporte.

Temas:
Economía. Subvencións e Axudas. Participación Cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA