APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

16 / MAI / 2019

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO

O programa de animación á lectura con cans volve á Biblioteca Municipal para aprender a ler con Nora en galego dentro das actividades do Día das Letras Galegas

APRENDE A LER CON NORA EN GALEGO” 16/05/2019 LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS

Nora é una cadela moi alegre que desde pequena comezou a súa educación dentro de centros de traballo para converterse en cadela de terapia e que voltará o vindeiro xoves 16 de maio de 17:00 a 19:00 á Biblioteca Municipal de Sada nunha nova sesión do obradoiro de lectura “Aprende a ler con Nora” do programa Perros e Letras de animación á lectura con cans adestrados  especialmente para ler con nenos/as nesta ocasión para aprender a ler en galego. Unha actividade que se enmarca dentro das organizadas polo Día das Letras Galegas.

Nesta terceira edición do programa organizado pola Bibliteca Municipal habrá 6 prazas disponibles onde terán preferencia as persoas empadroadas en Sada e que non tivesen participado en sesións anteriores desta actividade.  O prazo de inscrición remata o mércores 15 de maio ás 18:30 horas. En caso de que as inscricións superen o número de prazas  terá lugar un sorteo público entre todas as persoas solicitantes o mércores 15 de maio ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal.

Arquivado en