APOIO Á FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA DA SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA

26/11/2019

APOIO Á FOLGA NA ATENCIÓN PRIMARIA DA SANIDADE PÚBLICA DE GALICIA

O Goberno Municipal de Sada apoia a folga convocada na atención primaria da sanidade pública de Galicia


Sada, 26 de novembro de 2019

O Goberno Municipal de Sada apoia a folga na atención primaria da sanidade pública de Galicia. "Prestamos o apoio aos actos convocados cos que se pretenden mellorar as condicións da atención primaria na sanidade pública de Galicia".

Con esta convocatoria reclaman os seguintes puntos:

  • Incrementar o tempo de atención a cada paciente.
  • Aumento do orzamento para incrementar o persoal.
  • Rematar coa precariedade.

Solicitamos a resposta de toda a cidadanía do municipio, vítimas indirectas dun sistema que se volveu precario polas actuacións sistemáticas de recortes por parte da Xunta, unirse as mobilizacións do 27 e 28 de Novembro, comprendendo e apoiando a eses profesionais, vítimas directas do sistema, que loitan por un servizo digno para as galegas e galegos.

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Promoción da Saúde, Cohesión Social e Voluntariado.

Temas:
Benestar Social. Saúde. Mobilidade. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.