Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

04/06/2019

Actividades da Biblioteca Municipal no mes de xuño

A Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo ven de publicar a axenda de actividades que se realizarán no mes de xuño e que inclúen contacontos, concerto para bebés, presentación de libros e animación á lectura con cans.


Programación Biblioteca Municipal Ramón Suárez Picallo mes de xuño 2019.

Venres 7:

Contacontos “Lonxedetodo: un modelo de comunidade”, da compañía Trinketrinke para nenas/os de 3 a 8 anos, de 18:30 a 19:30 h. Inscrición previa. 30 prazas. Máis información

Venres 14:

“Son no berce: concerto sensorial para bebés”, de Cristina Collazo. Dúas sesións: ás 17:00 e ás 18:00 horas (duración aproximada 25 min.). Inscrición previa. 30 prazas (15 prazas por sesión).

Venres 21:

Presentación de "Charlas en Fiunchedo", libro póstumo de Eduardo Rivas, de 19:30 a 20:30 h. Entrada libre ata completar aforo.

Venres 28:

“Aprende a ler con Nora”, de 17:00 a 19:00 h. Inscrición previa. Prazas por determinar.

 

Arquivado en:
Novas. Avisos. Sada. Cultura.

Temas:
Formación. Educación. Cultura. Participación cidadá.

Perfís:
Veciños. Xuventude. Maiores.

AXENDA