Aberta inscrición para o obradoiro Acompañando na adolescencia

22 / ABR / 2019

Aberta inscrición para o obradoiro Acompañando na adolescencia

A concellería de Benestar  Social e Igualdade, a través dos Servizos Sociais muinicipais, ofrece aos pais e nais de fillos/as adolescentes a posibilidade de participar no obradoiro “Acompañando na Adolescencia” que pretende crear un espazo compartido para dotar ás familias de pautas e recursos para afrontar a etapa da adolescencia.

22/04/2019 - IMPORTANTE: COMPLETADAS AS PRAZAS DO OBRADOIRO - INSCRICIÓN COMPLETA

Sada 5 abril 2019.

O obxectivo principal é ofrecer as claves para crear un ambiente socio-familiar adecuado onde resolver vos conflitos que se presenten. Ao longo de oito sesións abordaranse temas que preocupan especialmente ás familias como fomentar entre os/as fillos/as o uso adecuado e crítico da internet e as novas tecnoloxías, ofrecer claves para a educación afectivo- sexual ou previr a violencia de xénero.

A concelleira de Benestar Social, Isabel Reimundez, sinala que dende os servizos sociais vense “percibindo dende hai tempo que as familias con adolescentes sufren certos momentos de tensión derivados do uso das novas comunidades virtuais e redes sociais. Con estos obradoiros queremos ofrecer claves aos pais e nais para comprender e mellorar o acompañamento nesa etapa de adolescencia"

A inscrición está aberta ata o 12 de abril chamando ao telefóno de servizos sociais 981 62 05 67 ou no correo servizos.sociais@sada.gal. As prazas son limitadas.

O taller desenvolverase todos os martes e xoves desde o 23 de abril e ata o 16 de maio de 19:00 a 21:00 no local de Servizos Sociais.

 

Arquivado en